Imekanu (en ), nada o 10 de novembro de 1875, e finada o 6 de abril de 1961, tamén coñecida polo seu nome xaponés , foi unha misioneira e poeta épica ainu. Xunto coa súa sobriña, Yukie Chiri, escribiu e preservou numerosos yukar ainus que aprendera da súa nai.
Traxectoria miniatura|250px|dereita|Yukie Chiri e Imekanu. dereita|miniatura|350x350px|Imekanu, á esquerda, con Kindaichi Kyōsuke e a irmá de Imekanu, Nami Kannari. Imekanu pertencía a unha familia ainu de Horobetsu na subprefectura de Iburi, Hokkaidō, no Xapón. Comezou a aprender o seu repertorio de poesía ainu da súa nai, Monashinouku, unha veterana narradora de contos ainu que falaba moi pouco xaponés.Kojima 2014 p.109 Despois de converterse ao cristianismo, Imekanu traballou durante moitos anos para a Igrexa Anglicana do Xapón como misioneira laica baixo o misioneiro John Batchelor, coñecido polas súas publicacións sobre a lingua e a cultura ainus. Batchelor presentou Imekanu a Kindaichi Kyōsuke, o erudito xaponés máis prominente neste eido, en 1918.Philippi 2015
Despois de retirarse da misión cristiá en 1926, Imekanu comezou a escribir yukar coñecidos por ela da tradición ainu e continuou facéndoo até a súa morte. Estes textos no dialecto de Horobetsu da lingua ainu ascenderon a 20.000 páxinas en 134 volumes. 72 destes volumes estaban destinados a Kindaichi e 52 volumes para o sobriño de Imekanu, Chiri Mashiho, un investigador especializado en lingüística ainu.
Chiri Yukie, sobriña de Imekanu e irmá de Chiri Mashiho, creceu con Monashinouku e Imekanu, e aprendeu moitos dos yukar ainus xunto con eles. Escribiu trece yukar desta tradición, traduciunos ao xaponés e preparou unha edición bilingüe que apareceu en 1923. Esta foi a primeira publicación das tradicións ainu por unha autora ainu. Tres destes yukar apareceron máis tarde en tradución inglesa, xunto con obras doutros, en Songs of Gods, Songs of Humans (1979) de Donald L. Philippi.
Kindaichi publicou a versión de Imekanu da épica Kutune Shirka, xunto cunha versión de Nabesawa Wakarpa, con comentarios, no seu estudo de dous volumes dos yukar ainus en 1931. Publicou unha escolma de sete volumes das epopeas de Imekanu, coas súas propias traducións ao xaponés, entre 1959 e 1966.
Notas
Véxase tamén Bibliografía (2 vols.) (7 vols.) (Biography of Imekanu, p. 19; translations from Chiri Yukie's materials, pp. 89, 108, 137.)
Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Pobo ainu Categoría:Escritores en lingua ainu