Azanasius (en ),Tamén Athanasios Ach-Chaer, Athanase Ach-Chaer, Atanasio El-Chaer. nado como Musa ibn Xiris al-Xair (en ) en Maalula (Imperio Otomán) o 14 de setembro de 1897 e finado na mesma vila o 28 de febreiro de 1993, foi un relixioso greco-melquita, arcebispo de Banias entre 1951 e 1984. Traxectoria Naceu como Musa ibn Xiris al-Xair en Maalula, unha vila de maioría cristiá situada entón na vilaia de Siria do Imperio Otomán, o 14 de setembro de 1897.Segundo a páxina web da Orde Basiliana de San Xoán Bautista tería nado en 1894. Comezou no novizado na Orde Basiliana de San Xoán Bautista o 30 de decembro de 1911, tomando o nome de Sbiridunus (en ). O 25 de maio de 1913 emitiu os votos solemnes.
Foi ordenado sacerdote o 21 de setembro de 1919 polo arcebispo de Homs Flabianus Kfuri.Segundo a páxina web da Orde Basiliana de San Xoán Bautista esta sería a data da súa ordenación como diácono; e tería sido ordenado sacerdote no mesmo ano.
O 28 de xullo de 1951 foi elixido bispo de Banias polo Santó Sínodo da Igrexa católica greco-melquita. Recibiu a consagración episcopal o 7 de outubro de 1951 de mans do patriarca Máximo IV, e tivo como co-consagrantes aos bispos Filibus Naba e Ifzimius Iuakim. O 18 de novembro de 1964, coa elevación da diocese, foi nomeado arcebispo.
Como bispo, impulsou a presenza dos basilianos na súa diocese. Tamén ocupouse da restauración de moitos templos e da construción de novos; destaca a renovación da catedral de San Pedro de Marxayun logo de que sufrira un incendio en 1968. Durante o seu pontificado viviu a guerra civil libanesa, e durante a invasión israelí do Líbano de 1982 permaneceu na súa sé episcopal, sendo a única autoridade cristiá na zona. Foi tamén padre conciliar no Concilio Vaticano Segundo.
Renunciou o 3 de novembro de 1984.Segundo a páxina web da Orde Basiliana de San Xoán Bautista tería renunciado en 1986. Retirouse ao mosteiro de San Xoán de Khinxara e, posteriormente, coa súa familia en Maalula. Alí finou o 28 de febreiro de 1993. O seu funeral foi celebrado o 2 de marzo na catedral de Damasco polo patricarca Máximo V, e foi enterrado no cemiterio a carón da propia catedral. Recoñecementos Foi condecorado coa Orde do Cedro polo goberno libanés en 1956.
Notas
Categoría:Nados na gobernación do Rif de Damasco Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Basilianos de San Xoán Bautista Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Bispos católicos do século XX