Lee F. Hewitt, nado en Keokuk, Iowa, o 1 de xaneiro de 1911 e finado en Boynton Beach, Florida, o 15 de abril de 1987, foi un autor e editor numismático estadounidense.

Traxectoria Lee F. Hewitt naceu en 1911 en Keokuk, Iowa. Na súa xuventude tivo unha experiencia no espectáculo circense que o levou a unha xira durante un ano, mais abandonou esta dedicación e estableceu unha imprenta co seu irmán Clifford."Hall of Fame –Chicago Coin Club– Member 6: Lee Francis Hewitt

". Chicago Coin Club (chicagocoinclub.org)."Lee F. Hewitt". En The Numismatist. Xuño de 1987. American Numismatic Association. Páxinas 1321-1323.

Convertido en editor desde o inicio da década de 1930, publicou un libro sobre o circo e varios catálogos de moedas e libros sobre numismática doutros autores, dada a súa afección a esta disciplina. En 1835 publicou o primeiro número da revista Numismatic Scrapbook Magazine, que se mantivo durante décadas como unha exitosa publicación periódica independente ata que en 1968 Hewitt lla vendeu a Amos Press, a compañía editora de Coin World, e finalmente deixou de se publicar en 1976.Alexander, D. (2015). "The Rise and Fall of Numismatic Scrapbook Magazine". En Coin Week. 17 de febreiro.

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Hewitt foi un dos fundadores da Central States Numismatic Society en 1939, e tamén pertenceu ao Chicago Coin Club desde 1932 —entidade que presidiu en 1971— e á American Numismatic Association, que o recoñeceu con varios dos seus premios. Nesta entidade foi nomeado editor interino da súa publicación periódica The Numismatist, cargo que exerceu do 1 de setembro de 1942 ata finais de ano.

Hewitt tamén cultivou a numismática desde a vertente do coleccionismo. Partes da súa colección persoal formaron parte de varias poxas numismáticas que tiveron lugar entre os anos 1975 e 1986.The Lee F. Hewitt Collection. Bowers & Merena Galleries, 1984.    51st public and mail auction sale ... : consigned by Mr. Lee F. Hewitt. Part 4, (Final). Frank and Laurese. 1979.   

Vida persoal Hewitt estivo casado con Dolores Hewitt, finada o 15 de agosto de 1966. Posteriormente casou outras tres veces, con Doris Eileen, con Bernice e, finalmente, con Virginia Hewitt, esta última finada o 26 de xuño de 1979.Smith, P. (2025).

Lee F. Hewitt finou en Boynton Beach, Florida, o 15 de abril de 1987, aos 76 anos.

Recoñecementos

1950: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1957: Medalla ao Mérito do Chicago Coin Club. 1962: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 1978: ingreso do Salón da Fama da ANA."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Associatiuon (Money.org). 1978: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).

Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Hewitt ao longo da súa traxectoria:

(1931). The Circus Blue Book. Hewitt Bros. (1934). Price Catalog of Hard Times Tokens. Hewitt Bros. (1967). United States Numismatic Dictionary (con T. N. Weissbuch). Hewitt Bros. (1968). Nevada Gaming Tokens. Hewitt Bros. (1971). Hewitt-Donlon Catalog of United States Small Size Paper Money (con W. Donlon). Hewitt Bros. (1975). Handbook of United States Coins, with Premium List (con R. S. Yeoman et al.). Whitman Pub. ISBN 9780307090508

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Lee F. Hewitt". En The Numismatist. Xuño de 1987. American Numismatic Association. Páxinas 1321-1323. Smith, P. (2025). "Hewitt, Lee F. ". En American Numismatic Biographies. Páxina 208.

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Editores Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes