Leon Kossoff, nado en Islington, Londres, o 10 de decembro de 1926, e finado en Londres, o 4 de xullo de 2019, foi un pintor e gravador británico, coñecido polos seus retratos e as súas paisaxes londinienses.Leon Kossoff, Xavier Hufkens (Inglés)

Traxectoria Kossoff naceu en 1926, nunha familia xudía de orixe ucraína, en Islington, un barrio de Londres, onde viviu a maior parte da súa infancia. En 1939, foi evacuado a King's Lynn, Norfolk, onde viviu co Sr. e a Sra. R.C. Bishop, quen fomentaron o seu interese pola arte. Durante este tempo, Kossoff realizou as súas primeiras pinturas. Cando regresou a Londres en 1943, Kossoff asistiu á St Martin's School of Art, onde estudou arte comercial. Tamén asistiu a clases de modelo vivo en Toynbee Hall. Unha vez rematada a súa formación, pasou tres anos de servizo militar nos Royal Fusiliers. Destinado ao 2.º Batallón da Brigada Xudía, serviu en Italia, Países Baixos, Bélxica e Alemaña. Despois do seu servizo militar, en 1949, regresou á St Martin's School of Art e desenvolveu a súa pintura con gran emoción. Kossoff elixiu esencialmente como tema a rexión de Londres.

En 1959, Kossoff comezou a ensinar arte. Mentres exercía a docencia, continuou a súa carreira artística e expuxo en numerosas galerías e salóns xunto ao seu amigo Frank Auerbach e outros artistas, como Francis Bacon, Lucian Freud e Keith Critchlow, un amigo da escola St Martin's School of Art. Durante este tempo, Kossoff trasladou o seu taller a Willesden Junction e logo, en 1966, a Willesden Green.Klaus Kertess, Leon Kossoff, Londres, Annely Juda Fine Art, 2000 (Inglés)

En 2007, a National Gallery, en Londres, organizou unha exposición retrospectiva da súa obra.

Foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico, pero rexeitou a distinción.

En 2013-2014, as paisaxes urbanas de Kossoff amosáronse nunha exposición itinerante internacional titulada "Leon Kossoff: London Landscapes".

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Londres Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI