O Delta do Saloum ou Delta do Sine-Saloum é un delta fluvial no Senegal situado na desembocadura do río Saloum, onde desemboca no océano Atlántico Norte. O delta abrangue 180.000 hectáreas. Esténdese 72,5 quilómetros ao longo da costa e 35 quilómetros cara ao interior.
En 2011, unha porción de 145.811 hectáreas do delta designouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O sitio contén "canles salobres que abarcan máis de 200 illas e illotes, bosque de mangleiros, un ambiente mariño atlántico e bosque seco". O Parque Nacional do Delta do Saloum abrangue 76.000 hectáreas do delta.
As especies de aves que se reproducen ou invernan na zona inclúen o carrán real, o flamengo rosado, o cullereiro común, a garza real, o Pilro ferruxento, o Virapedras común e o Pilro pequeno. Ademais de ser un valioso lugar de cría para as aves, o delta contén 218 montículos de mariscos e os artefactos desenterrados en aproximadamente 28 dos cemiterios proporcionaron unha visión importante da historia da ocupación humana na zona.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade no Senegal
Categoría:Patrimonio da Humanidade no Senegal