Avilés é unha cidade e concello do norte de España, situada na costa do Principado de Asturias, nas marxes da ría de Avilés, a 25 km de Xixón e 27 km de Oviedo.

Cunha poboación de 84.242 habitantes en 2009, é a terceira cidade da comunidade en poboación e forma parte da grande área metropolitana do centro de Asturias.

300px|miniatura|esquerda|Foto panorámica de Avilés dende a ermida da luz.

Historia miniatura|esquerda|Avilés, Concello miniatura|dereita|Avilés, Praza de abastos (Hermanos Orbón). En 1085, Afonso VI outorgou un foro a Avilés, onde xa existía unha poboación dende tempos romanos. O foro de Avilés deulle categoría de vila de realego e ó longo da idade media apoiaría sempre a coroa. Avilés non foi nunca feudo nin tivo outro tribunal competente que os reais. Mantívose como unha cidade pequena cun forte carácter mariñeiro e campesiño ata a industrialización dos séculos XIX e XX.

A industrialización iniciouse no século XIX co asentamento, entre outras, da Real Compañía Asturiana de Minas no veciño municipio de Castrillón, cuxos produtos comercialízanse dende o porto de Avilés.

A partir de 1950 a industrialización fíxose máis forte. A construción dunha xigantesca empresa siderúrxica que crea miles de postos de traballo, trouxo consigo que viñeran miles de inmigrantes de toda España, producíndose un crecemento desmesurado da poboación. A terceira etapa comeza coa aparición da famosa reconversión industrial.

Hoxe en día a cidade, coa recuperación medioambiental da ría e do centro histórico, trata de recuperar a súa vocación mariñeira tradicional.

Xeografía Avilés é un concello pequeno, supón só o 0,239% de extensión do Principado, situado no centro da costa asturiana. Linda ó norte co mar Cantábrico, ó leste con Gozón, ó sur con Corvera e ó oeste con Castrillón e Illas. As súas principais poboacións son a propia Avilés, Miranda, Heros, Caliero, Tabiella e Sablera.

O porto de Avilés é o segundo porto comercial e o primeiro pesqueiro en importancia da rexión.

Demografía Gráfica de poboación de Avilés (Asturias) Fonte: Instituto Nacional de Estadística - Elaboración gráfica por Wikipedia

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer Ligazóns externas Páxina do Concello Festival Intercéltico de Avilés La Voz de Avilés Periódico local Revista dixital de Avilés

Categoría:Avilés