Spyridon Khoury, nado en Uberlândia en 1926 e finado en Damasco o 14 de setembro de 2019, foi un eclesiástico ortodoxo brasileiro-libanés, metropolitano de Sahla e Balbak entre 1966 e 2015. Traxectoria En 1938 trasladouse ao Líbano. Graduouse no Instituto Teolóxico de Balamand e no Instituto de San Serxio de París en 1955.

Foi ordenado sacerdote en 1956 e entre ese ano e 1966 exerceu o seu ministerio na parroquia da Dormición de Alexandría, en Exipto.

En 1966 foi elixido metropolitano de Sahla e Balbak. Exerceu o cargo até a súa retirada o 26 de xuño de 2015, cando lle foi aceptada por razóns de idade. Finou o 14 de setembro de 2019.

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Uberlândia Categoría:Finados en 2019 Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Antioquía Categoría:Bispos ortodoxos do Líbano