Edward Sheriff Curtis, nado o 19 de febreiro de 1868 en Whitewater, Wisconsin, e finado en Whittier, condado dos Ánxeles o 19 de outubro de 1952, foi un fotógrafo, camarógrafo, cineasta e etnólogo estadounidense.

Traxectoria Á idade de dezasete anos comezou a estudar fotografía en Saint Paul, Minnesota. Dous anos despois, mudouse a Seattle coa súa familia e comprou a metade dun estudio de fotografía. A partir de 1895 comezou a fotografar amerindios norteamericanos. En 1898 gañou un premio da Sociedade Fotográfica Nacional.

Participou como fotógrafo oficial en expedicións a Alasca e ao territorio Blackfoot de Montana. John Pierpont Morgan contratouno en 1906 para documentar e fotografar a vida dos nativos americanos.

Tomou máis de 40.000 fotografías de membros de arredor de 80 tribos. En 1912 filmou o documental In the Land of the Head Hunters e na década de 1920 foi asistente de cámara de Cecil B. DeMille en Hollywood.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados en 1868