Francisco Codera Zaidín, nado en Fonz, Huesca, o 23 de xuño de 1836 e finado na mesma localidade o 6 de novembro de 1917, foi un historiador, filólogo, arabista e numismático español.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Francisco Codera naceu en 1836 na localidade oscense de Fonz,"Francisco Codera". Real Academia Española (rae.es). no seo dunha familia dedicada á agricultura e de posición económica acomodada. Nesa localidade tivo a súa primeira educación. En 1947 iniciou unha etapa de estudos de Latín e Retórica cos Escolapios en Barbastro que durou catro anos, e logo cursou estudos de Filosofía no Seminario Conciliar de Lleida.Saavedra, E. (1904). Páxinas IX-X.
En 1855 iniciou os seus estudos superiores na Universidade de Zaragoza, que abrangueron desde a Teoloxía e as Humanidades ata a Física, a Química e as Ciencias Naturais, e que o conduciron a acadar o grao de bacharel en Filosofía e Letras.Saavedra, E. (1904). Páxinas X-XII. Durante a súa etapa formativa en Zaragoza amosou grande interese polo estudo das raíces históricas de Aragón e decatouse da necesidade de ter en conta as fontes árabes para este labor. Nesta época iniciou, asemade, a súa colección de moedas e o seu interese pola numismática.Canto García, A. (2010).
Logo desprazouse a Madrid, para continuar a súa formación con estudos de Dereito durante outros dous anos.Saavedra, E. (1904). Páxina XII.
Traxectoria profesional e como erudito En 1863, Codera decidiu presentarse ás oposicións para catedrático de ensino secundario de Latín e Grego, que logo de superadas o levaron a tomar posesión da cátedra no Instituto de Lleida, o 1 de agosto dese mesmo ano. Este destino profesional non lle impediu continuar os seus estudos de xeito autónomo, o que lle permitiu acadar sucesivamente os títulos de licenciado, en 1864, e de doutor, en 1865.Saavedra, E. (1904). Páxinas XII-XIII.
Mediante unhas novas oposicións accedeu á condición de catedrático supernumerario de Grego, Hebreo e Árabe, con destino en Granada. En 1868 foi nomeado catedrático numerario de Grego na Universidade de Granada e aos poucos meses pasou a ocupar a mesma cátedra na Universidade de Zaragoza,Discurso leído en la solemne inauguración de los estudios de la Universidad de Zaragoza el día 1º de Octubre de 1870 por el doctor D. Francisco Codera y Zaidín. C. Ariño, Zaragoza. 1870. ata que en 1874 gañou por concurso a cátedra de Árabe na Universidade Central de Madrid, que logo cambiou pola de Lingua Árabe.Saavedra, E. (1904). Páxina XIII. Nesta universidade contribuíu á formación da escola de arabistas españois. Os seus discípulos arabistas no ámbito académico foron coñecidos como os "Beni Codera".Ágreda, F. (2008). "Nuevas y viejas fuentes sobre los 'Beni Codera'". En Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos. Sección Árabe-Islam. 57. Universidade de Granada. Páxinas 425-450.
A partir da súa entrada na Real Academia de la Historia o 10 de abril de 1879,Discursos leidos ante la Real Academia de la Historia en la recepción pública de D. Francisco Codera y Zaidin. Rojas, Madrid. 1879. o seu labor investigador tomou unha dobre dirección: por unha banda a epigrafía e as fontes árabes, e por outra a numismática hispano-árabe, ao entrar en contacto co monetario daquela institución, un dos máis completos de España. No propio 1879, Codera publicou o primeiro tratado sobre a moeda hispano-árabe coñecido ata o momento,Véxase "(1879)" en "Publicacións". no que salientou os estudos previos nesta materia levados a cabo por Antonio Delgado y Hernández. Ademais deste e outros traballos monográficos, Codera publicou un gran número de artigos e notas sobre achados monetarios, adquisicións para o monetario da Real Academia da Historia e para o Museo Arqueolóxico Nacional, informes técnicos etc., e tamén supervisou o traballo de Antonio Vives y Escudero na redacción do Catálogo de Moneda Hispano-Árabe do Museo Arqueolóxico Nacional, editado por Rada y Delgado en 1892.
No eido epigráfico, a maior parte dos seus traballos apareceu no Boletín de la Real Academia. Ademais, a partir de 1882 dedicouse con intensidade ao proxecto de editar as fontes árabes da historia de España, baixo o título de Biblioteca Arábigo-Hispana, do que chegaron a publicarse dez volumes. Por outra banda, Codera foi comisariado en 1892 polo Goberno español para a adquisición en países árabes de manuscritos relativos á historia de España, o que deu orixe a unha publicación monográfica ese mesmo ano.Véxase "(1892)" en "Publicacións".
Logo da súa xubilación por petición propia o 1 de xuño de 1902, recibiu o nomeamento como cabaleiro coa Gran Cruz da Orde de Afonso XII, e o 15 de maio de 1910 ingresou na Real Academia Española.Discursos leidos ante la Real Academia Española en la recepción pública del Excmo. Sr. D. Francisco Codera el día 15 de mayo de 1910. Imprenta Ibérica, Madrid. 1910. Tamén foi membro da Real Academia Sevillana de Boas Letras.
Na súa derradeira etapa, a colección numismática especializada en moeda andalusí que fora compondo ao longo da súa vida foi esparexida, e algunhas das súas partes pasaron a formar parte das coleccións de entidades como o Museo Británico, de Londres, a American Numismatic Society e a Hispanic Society,"La colección de moneda andalusí de la Hispanic Society: la historia interminable". En Panoramanumismatico.com. 21 de marzo de 2012. de Nova York.
Francisco Codera y Zaidín finou en Fonz o 6 de novembro de 1917, aos 81 anos.
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Francisco Codera publicados ao longo da súa traxectoria.Saavedra, E. (1904). "Catálogo de las obras del Excmo. Sr. D. Francisco Codera". En Homenaje a D. Francisco Codera en su jubilación del profesorado. M. Escar, Zaragoza. Páxinas XXIX-XXXVIII.
Numismática miniatura|Cecas arábigo-españolas, 1874.|351x351px
(1874). Cecas arábigo-españolas. Aribau, Madrid. (1874). Errores de varios numismáticos extranjeros al tratar de las monedas arábigo-españolas e impugnación. Aribau, Madrid. (1878). Títulos y nombres propios en las monedas arábigo-españolas. Aribau, Madrid. (1879). Tratado de numismática arábigo-española. M. Murillo, Madrid. (1881). Monedas árabes de Tortosa. V. Dorga, Xirona.
Filoloxía e historia (1883-1895). Bibliotheca Arabico-Hispana. (1883). Tomo I. Vol. I. Aben-Pascualis Assila... J. de Rojas, Madrid. (1883). Tomo II. Vol. II. Aben-Pascualis Assila... J. de Rojas, Madrid. (1885). Tomo III. Desiderium qaerentis Historiam... J. de Rojas, Madrid. (1886). Tomo IV. Almôcham... J. de Rojas, Madrid. (1887). Tomo V. Vol. I. Complementum libri assilah... J. de Rojas, Madrid. (1889). Tomo VI. Vol. II. Complementum libri Assilah... M. Romero, Madrid. (1891). Tomo VII. Vol. I. Fasc. III. Historia virorum doctorum Andalusiae. La Guirnalda, Madrid. (1892). Tomo VIII. Vol. II. Historia virorum doctorum Andalusiae... La Guirnalda, Madrid. (1894). Tomo IX. Vol. I. Index librorum de diversis scientiarum ordinibus... Comas Hermanos, Zaragoza. (1895). Tomo X. Vol. II. Index librorum de diversis scientiarum ordinibus... Comas Hermanos, Zaragoza. (1866). Elementos de Gramática Árabe para uso de los alumnos de D. F. C. y Z. E. Fernández, Madrid. [2ª ed. en 1892]. (1892). Misión Histórica en la Argelia y Tunez. Fortanet, Madrid. (1899). Decadencia y desaparición de los almorávides en España. Comas Hermanos, Zaragoza. (1903). Estudios críticos de historia árabe española. A Uriarte, Zaragoza. (1914). Alusiones a cosas de los moros en documentos latinos. Institut d'Estudis Catalans, Barcelona. (1917). Estudios críticos de historia árabe española (segunda serie). E. Maestre, Madrid.
Outros temas (1900). Miscelánea de estudios agrícolas. Comas Hermanos, Zaragoza. (1893). Alimentación razonada del hombre y de los animales domésticos. R. Miedes, Zaragoza. (1896). Miscelánea de agricultura e higiene alimentaria. Comas Hermanos, Zaragoza. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Canto García, A. (2010). "Codera y Zaidín, Francisco". En Diccionario Biográfico Español. Vol. XIV Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-96849-70-9 García Gómez, E. (1950). “Homenaje a don Francisco Codera (1836-1917)”. En Argensola. 2. Páxinas 123-132.
Mateu y Llopis, F. (1954). “Cartas de D. Francisco Codera a Don Álvaro Campaner y Fuertes sobre numismática hispanoarábiga (1875-1891)”. En Numario Hispánico, III. 5. Páxinas 55-86. Saavedra, E. (1904). "Introducción". En Homenaje a D. Francisco Codera en su jubilación del profesorado. M. Escar, Zaragoza. Páxinas IX-XXVI.
Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados na provincia de Huesca Categoría:Arabistas Categoría:Orientalistas de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Filólogos de España Categoría:Lingüistas de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Profesores da Universidade Central de Madrid Categoría:Catedráticos Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua castelá