Montederramo é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.

Poboación Censo total 722 (2018) Menores de 15 anos 15 (2.08 %) Entre 15 e 64 anos 382 (52.91 %) Maiores de 65 anos 325 (45.01 %)

Patrimonio histórico e artístico Na parroquia de Santa María atópase o mosteiro de Santa María de Montederramo. Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia. Na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico herreriano.

Montederramo na cultura popular Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguiu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela * (1962): "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, (reed. Akal 1979, 255-777). Páx. 345..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Montederramo Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Montederramo vexa: Lugares de Montederramo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Montederramo

Categoría:Montederramo