Maxín Xulio Picallo Durán, nado en San Ildefonso (Troáns, Cuntis) en 1940 e finado o 28 de setembro de 2026, foi un escultor galego.
Traxectoria Xa de neno era habelencioso coa talla de madeira. Para ampliar a súa vocación, marchou a Santiago de Compostela a estudar na Escola de Artes e Oficios, onde foi alumno de Francisco Asorey.
Obra Entre outra. Monumento ó poeta Feliciano Rolán, A Guarda, 1972. Busto de Antonio Palacios, O Porriño, 1972. Monumento alegórico a Tui, Tui, 1985. Monumento ó mariñeiro emigrante, Moaña, 1988. Monument al Gelador Artesà, (1990). Ibi, Alacant. Monumento esculpido en granito negro homenaxea aos xeadeiros ibenses. Encontro entre dous mundos, (1993). Baiona. Monumento conmemorativo do quinto centenario da arribada da carabela Pinta de Colón a Baiona coa nova do descubrimento de América. Monumento ó poeta Cabada, A Estrada, 2001. Monumento á Esperanza do Regreso do Emigrante, Beariz, 2001. Obra feita xunto o seu fillo e asinada como "Os Picallos". O socorro, Benidorm. Monumento aos Canteiros de Cuntis. Cuntis. Grupo escultórico que homenaxea o labor ancestral dos arxinas de Cuntis e arredores. Monumento á Muller Labradora en Forcarei, obra de 2003. Monumento ó Mariñeiro Desaparecido, (2003). Porto da Guarda. Monumento ó Caudillo celta, Castro de Santa Trega, 2004.
E tamén en Porto Rico, Arxentina, Brasil, Suíza, Canadá etc.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GEG, Picallo Durán, Magín Julio. Ligazóns externas EscultorPicallo.Blogspot.com.es
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1940
Categoría:Finados en 2026