A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia. É a máis característica de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda especialmente na provincia de Lugo, onde se concentra o 75% do censoCando a finais de 2013 ACRUGA reunía 2.311 explotacións inscritas (2.286 en Galicia e 25 no resto de España), a provincia de Lugo achegaba 1.673 explotacións, o 73,18% (Revista ACRUGA nº 58, decembro 2013, px. 7-8)., e na provincia da Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e noutros países de Europa e de Suramérica.

Orixe e historia da raza Antecedentes históricos Segundo a lendaEsta lenda formaba parte do expediente de solicitude do rexistro da Denominación Específica "Ternera Gallega" como Indicación Xeográfica Protexida ., a raza rubia galega comezaría na protohistoria, cando unha tribo celta indoeuropea ocupou gran parte da Europa Central. Segue dicindo que un grupo da raza de Gael, procedente da zona celta francesa, foi desprazado e ocupou o norte de España ata chegar a Galicia. Nesta longa viaxe levaría consigo o seu gando, incluíndo o gando vacún que xa fora domesticado séculos antes. Este gando influiría sobre os bovinos autóctonos existentes —descendentes do Bos primigenius e hoxe desaparecidos—, para terminar conformando unha raza que deu ó pobo galego grandes utilidades zootécnicas.

Outros autores, como Luciano Sánchez, comparten a tese de que procedería dun primigenius exipcio que se dispersou polo norte de África, chegando á Península Ibérica e de aí a Francia e Inglaterra. Outros (García Fierro e Aparicio Sánchez) supoñen unha orixe común á rubia galega e á pirenaica, e mesmo a outras razas francesas.

miniatura|300px|Baixorrelevo de Vilarín (Becerreá, Lugo), do século I-II. Hoxe exposto no Museo Provincial de Lugo

En calquera caso, a raza foi estendéndose por toda Galicia e os antigos gandeiros galegos souberon seleccionar as súas mellores cualidades co paso dos séculos, construíndo unha vaca que, sen destacar nunca en ningunha das tres aptitudes clásicas (carne, leite e traballo) si reunía as suficientes capacidades nas tres para converterse nun animal que satisfacía perfectamente as necesidades do gandeiro: suficiente cantidade de leite, e rica en graxa, suficiente cantidade de carne de calidade, e notable capacidade de traballo para tirar do carro e do arado. Mariño Ferro Antropoloxía de Galicia. Xerais, Vigo 2000; 82. resumíao así:

E, segundo o MAGRAMA:

Pero ó final foi a aptitude cárnica a que prevaleceu. Esta selección, empiricamente dirixida, foi mellorando a conformación cárnica da raza ata se converter nunha especie de despensa cárnica do resto de España e, a partir de finais do século XIX, de Portugal e Inglaterra.

Ata finais do século XIX non se estableceu un estándar racial que fixase a morfoloxía da vaca rubia e, polo tanto, non se consideraba realmente como unha raza definida. O gando presentaba morfoloxías, capas e aptitudes moi diversas, que os técnicos da época dividían en dúas variedades xeográficas (non razas diferentes): unha que se criaba nas provincias costeiras, e que tomaba o nome de valesa ou mariñán, e outra propia de zonas altas, na Galicia interior, chamada raza da montaña. Falábase tamén dunha raza teixa ou vermella, de cor rubia, e outra marela, de cor máis clara, ata abrancazada (que recibía o nome de varela).

Segundo as descricións que existen, era un gando rústico, cativo e fraco, moi probablemente porque nunca se sometera a selección e porque estaba mal alimentado e sobreexplotado, como animal de traballo para tirar do carro e do arado. Cómpre salientar tamén que nesas datas —durante toda a segunda metade do XIX— exportábanse a Castela, Inglaterra e Portugal os mellores exemplares, ata un total próximo ós 850.000 animais entre 1840 e 1900 (segundo Carmona Badía), nunha sangría que facía imposible unha mellora da raza.

Pero antes desta masiva exportación a Inglaterra, veremos como Galicia alimentaba as carnicerías madrileñas.

Historia recente En 1896, Suárez Casas publica o primeiro estudo que se coñece con propostas científicas para a mellora do gando vacún galego: Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina y riqueza agrícola industrial en la región noroeste de España. Alí propón medidas como a selección dos reprodutores, mellorar a alimentación e mellorar as condicións hixiénicas do manexo e aloxamento do gando, á vez que recomenda cruzamentos mellorantes a curto prazo. miniatura|300px|Touro Simmental. En realidade, estes xa se viñan realizando desde, polo menos, 1888 cos cruzamentos con sementais de razas Simmental e Frisoa na Granxa Agrícola-Experimental da Coruña, fundada nese ano. A partir de 1892 organízanse os primeiros concursos de gando, nos que se conceden premios ós mellores exemplares e se estimula ós gandeiros a introducir melloras nas súas explotacións. No concurso da Coruña de 1905 introdúcese a valoración do gando por puntos, mediante criterios obxectivos, sistema que se aplicará xa sempre no futuro. En 1906 celébrase en Lugo o Primeiro Concurso Regional de Ganado Vacuno del Pais, no que xa só se premian os exemplares da raza marela mentres que ó gando estranxeiro ou mestizo só se lle conceden diplomas. En 1914 créase o primeiro Sindicato Agrícola (en Muras, Lugo), que se marca, entre outros, o obxectivo de loitar por "a mellora da gandería, que as nosas reses alcancen o seu xusto valor, a celebración de concursos de gando, a velar pola hixiene e sanidade pecuaria das reses que aquí explotamos...".

Foi o veterinario Juan Rof Codina, en 1916, quen fixo a primeira descrición formal das características raciais e produtivas . Establecía a diferenza entre as subrazas dos vales e da montaña, en canto ó desenvolvemento, a finura do esqueleto e o tamaño dos cornos (maiores na variedade de montaña). En 1933, a Dirección General de Ganadería publicou o primeiro libro xenealóxico da raza, xa por fin coa consideración de raza propia, e fixou o estándar racial. Aínda que a morfoloxía que describe se centra moito nas aptitudes dun animal de traballo, pois ese era o aspecto máis valorado daquela, as características da raza pretendían recoller as tres aptitudes: "Cualidades leiteiras aceptables, con boa riqueza en materia graxa. Aptitude ó engorde e de bo rendemento no matadoiro. Facultade para o traballo agrícola".Luciano Sánchez, p. 63.

Entre as dúas liñas posibles para mellorar a raza: importación de sementais doutras razas presuntamente mellorantes da aptitude cárnica fronte á selección dos mellores exemplares e o seu aproveitamento como reprodutores, optouse pola primeira, en contra do criterio veterinario de expertos como Rof Codina, Prado ‘’Lameiro’’ ou Félix Gordón Ordás, que defendían a necesidade de comezar cun labor de selección e mellora gandeira baseado na selección dos mellores exemplares. De feito, os dous primeiros xa destacaran polas súas publicacións recomendando ós gandeiros esta liña de mellora, para o que impulsaron as feiras de gando (como a xa mencionada de Lugo de 1906) como tribuna para expoñer, valorar e premiar sementais e vacas rubias de alta calidade.

Comezaron así as importacións de sementais de razas cárnicas, como as inglesas Aberdeen, Hereford e Durham, ou as suízas pardo alpina e, sobre todo, a Simmental, raza que reunía as tres aptitudes, como a rubia. A mellora inmediata das crías obtidas foi evidente, pero iso levou á substitución das vacas rubias do país polas mestizas obtidas destes cruces, o que só podía levar á dexeneración e desaparición da raza galega a corto ou medio prazo. Afortunadamente, a partir de 1944 suspendéronse estes cruzamentos e comezou un labor de selección do gando rubio polas súas cualidades cárnica e láctea.

Tamén esta nova liña de actuación deu bos resultados, como o evidencia o feito de que no Concurso Nacional de Gando celebrado en Madrid en 1913, os machos expostos (exemplares adultos de 44 meses de idade) só alcanzaban un peso vivo de 603 kg, un grandor de 134 cm á cruz e 193 cm de perímetro torácico, mentres que no XIV Concurso Provincial de Gando, celebrado en Lugo en 1958, estes mesmos parámetros xa eran de 1.000 kg, 150 cm e 229 cm, respectivamente Diego Conde: "Mejora de la Raza Bovina Gallega", en Información Veterinaria 5, maio 2007.. O Libro Xenealóxico esixe medidas menos esixentes (850 kg, 145 cm e 222 cm, respectivamente).

Outro dato que reflicte esta evolución é a produción láctea, que Rof Codina estimaba en 1929 nuns 1.000 litros anuais Calendario Gallego, Buenos Aires 1929. e hoxe supera os 2.200 litros.

Falábase neste momento do que se deu en chamar rubia galega mellorada, e que describira Carballal Palmeiro en 1947, fixando as modificacións morfolóxicas que xa se conseguiran nese momento (probablemente por influencia dos cruzamentos coa Simmental, que deran lugar á aparición de animais máis corpulentos) e insistindo nas liñas nas que se debería seguir seleccionando. Marcou simultaneamente novos obxectivos a fixar, como, por exemplo, uns pesos medios de 600 kg nos machos, fronte ós 400–460 kg dos exemplares non mellorados. Outra das propostas que fixo foi a de considerar como caracteres a ir eliminando as capas máis claras (varela).

A vaca rubia como raza cárnica Como xa se dixo, a vaca rubia era un animal de tripla aptitude: carne, leite e traballo, pero era evidente que non tiña futuro ningún como vaca leiteira xa que outras razas producían moito máis leite que ela. Isto explica a difusión da raza Frisoa en Galicia e en todo o mundo occidental. E a capacidade de traballo pasou a ser irrelevante cando a mediados do século XX a tracción mecánica veu substituír a tracción animal nos traballos agrícolas. No momento en que o camión e o tractor se popularizaron, a forza de traballo do gando no xugo perdeu todo o seu valor. Só lle quedaba á vaca rubia a súa capacidade de produción de carne.

Xa durante a Reconquista, Galicia foi a fonte de carne e bois de traballo para cubrir as necesidades da Castela interior. Filipe II ordenou en 1596 que Galicia achegase 5.000 quintais de chacina para abastecer a Armada Invencible, pero só se chegou a cargar a metade, no porto da Coruña. Para completar eses 2.500 quintais de chacina houbo que sacrificar 1.100 bois.Gran Enciclopedia Galega: s. v. "gandería". Galicia volveu ser a despensa cárnica de España cando na guerra civil o exército de Franco concentrou en Monforte todo o gando exportable (Hermida Balado, M.: "El matadero Industrial de Galicia. Una excelente mejora para la economía nacional", en Mundo Hispánico 28-29, 1950, 103), o que significou que Galicia tivese que sacrificar un elevado número de vacas.

Segundo recolleu Pérez Costanti nas súas Notas viejas Galicianas Pérez Costanti, Pablo: Notas viejas Galicianas, 1925-1926. Reed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 1993, 83-84., tamén quixo Filipe II que o gando vacún galego servise para repoboar o reino de Granada, para o cal requiriu á entón provincia de Santiago que procedese a reunir o gando necesario e organizar a expedición a Granada, pero engade que este transporte nunca se levou a cabo porque o Concello alegou que era absolutamente inviable levar este gando andando ata Granada pola súa lentitude na marcha, polas súas necesidades de pasto verde (que non existía no traxecto desde Galicia a Granada) e porque ese gando era necesario en Galicia para a labranza e o carreto.

Na Descripción del Reino de Galicia, escrita en 1647 e descuberta e editada por Xosé Filgueira Valverde en 1948,Cuadernos de Estudios Gallegos, 1948, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. apúntase que:

Igualmente, hai constancia de que en 1853 xa se subministraba carne a Madrid e, segundo Carmona, dous séculos antes, tamén (e engade que o gando ía polo seu pé ata Madrid, en rabaños de 5.000-10.000 cabezas). Xa Martín Sarmiento deixou escrito no século XVIII que cumpría criar máis gando en Galicia con este fin: