Badmotorfinger é o terceiro álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden. Foi editado o 8 de outubro de 1991 a través do selo A&M Records. O grupo comezou a traballar neste disco despois de rematar a xira de promoción do seu anterior álbum, Louder Than Love, contando co seu novo baixista Ben Shepherd. O álbum mantén o son heavy metal da banda, aínda que se centra máis na composición dos temas en comparación cos seus anteriores traballos. AllMusic considerou que a música do álbum era "sorprendentemente cerebral e artística"; afinacións alternativas e compases estraños estaban presentes en varias das cancións do álbum, e as letras pretendían ser ambiguas e evocadoras.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Soundgarden Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Terry Date Categoría:Álbums de A&M Records