Golpes Bajos foi un grupo galego de pop da década dos oitenta, formando parte da denominada "Idade de Ouro do Pop Español" e encadrado dentro da chamada movida viguesa.
Historia Golpes Bajos formouse en 1982 en Vigo (Pontevedra), inicialmente composto por Germán Coppini (entón vocalista de Siniestro Total) e Teo Cardalda, ós que posteriormente se uniron en 1983 Pablo Novoa e Luís García. Cando o grupo empezou a ser coñecido e a colleitar éxitos, Germán Coppini abandonou Siniestro Total para dedicarse plenamente a Golpes Bajos.
En 1983 recibiron o Premio Ícaro do xornal Diario 16 aos Novos Creadores no apartado de música. Nos 36 meses nos que existiron na súa primeira encarnación como cuarteto, entre 1982 e 1985, gravaron 20 cancións e apareceron en programas de televisión como A edade de ouro ou Musical Express, así como na película ¡¡A tope!!!
Trala publicación do miniLP "Devocionario", o dúo fundador decidiu disolver o grupo, adicándose desde entón a outros proxectos musicais.
En 1998 Copinni e Cardalda reuníronse e reeditaron cancións da súa época dourada, engandindo catro temas novos, coa súa posterior xira. A esta reunión non invitaron nin a Luis García nin a Pablo Novoa. A xira resultou un fracaso.
No ano 2018 publicouse o libro Escenas olvidadas, a historia oral de Golpes Bajos, escrito por Xavier Valiño e publicado pola editorial Efe Eme, no que os catro compoñentes do grupo contan a súa historia.
Discografía Álbums Golpes bajos (mini-LP, Nuevos Medios, 1983) A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984) Devocionario (mini-LP, Nuevos Medios, 1985) Vivo (Nuevos Medios, 1998)
Recompilatorios Golpes Bajos (solo en casete, Nuevos Medios, 1987) Todas sus grabaciones 1983/1985 (Nuevos Medios, 1990)
Maxi-singles Colecciono moscas / A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984)
Sinxelos Fiesta de los maniquíes (Nuevos Medios, 1984) Escenas olvidadas (Nuevos Medios, 1984) Desconocido (Nuevos Medios, 1985) La virgen loca (Nuevos Medios, 1985) Cena recalentada (Nuevos Medios, 1990) Malos tiempos para la lírica (Nuevos Medios, 1998)
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Movida madrileña Categoría:Movida viguesa Categoría:Grupos musicais formados en 1982