O termo Salto pode referirse a:

Salto, modo de locomoción, por exemplo, as ras poden desprazarse choutando; Salto de altura, modalidade olímpica de atletismo, onde os atletas procuran superar unha barra horizontal colocada a unha determinada altura entre dous soportes verticais separados uns 4 metros; Salto de lonxitude, proba do actual atletismo consistente en percorrer a máxima distancia posible no plano horizontal a partir dun salto tras unha carreira; Salto de trampolín, forma de deporte ou entretemento de alto risco, que consiste en se lanzar á auga dunha piscina, lago, río ou do mar desde algún punto fixo ou vibrátil; Salto, caída de auga, producida por un desnivel na canle dun río.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Salto, parroquia do concello de Oza Cesuras; Salto, parroquia do concello de Vimianzo; Salto, lugar de devandita parroquia; O Salto de Agoela, parroquia do concello de Rodeiro; Santa Cruz do Salto, parroquia do concello de Cabanas; Salto, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada; O Salto, lugar da parroquia de Vilela, no concello de Carballo; O Salto, lugar da parroquia de Mogor, no concello de Mañón; O Salto, lugar da parroquia de San Martiño de Xuvia, no concello de Narón; O Salto de Baixo, lugar da parroquia de Irís, no concello de Cabanas; O Salto de Riba, lugar da parroquia de Irís, no concello de Cabanas; O Salto do Carro, lugar da parroquia de Larín, no concello de Arteixo; O Porto do Salto, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas. Saltoxo, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros.

Fóra de Galiza

Na Arxentina Partido de Salto, no norte da provincia de Buenos Aires: Salto, localidade capital de dito partido.

No Brasil Salto, concello do estado de São Paulo.

No Uruguai Departamento de Salto, departamento uruguaio situado no noroeste do país; Salto, segunda cidade máis importante do país.

Véxase tamén Outros artigos O Saltiño, lugar da parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro; O Salto, edición rexional galega da publicación El Salto; O Salto, documental de Adrián González (2019).