La Polla Records, ou simplemente La Polla, é un grupo vasco de música punk.

Historia La Polla Records formouse en 1979 en Agurain (Áraba), por Evaristo Páramos (vocalista), Fernandito na batería, Maleguin no baixo, Txarly na guitarra líder e Some na outra guitarra. O nome da banda resulta controvertido porque en castelán "polla" é como se lle chama vulgarmente ao pene. Segundo Evaristo:

Inicialmente adoitaban tocar en garaxes ou bares, xa que a primeira vez que actuaron foi no bar da súa vila, pero foi en 1983 cando lanzaron o seu primeiro álbum ¿Y ahora que?, que contiña só 4 cancións baixo a discográfica independente "Oihuka".

Con todo, en 1984 sacan un álbum máis completo de 19 cancións chamado Salve. Nas súas letras fan fortes críticas contra o fascismo, capitalismo, catolicismo, alienación, moda, e outros factores da sociedade, algo que caracterizaría toda a súa carreira.

Os anos seguintes gravan Revolución (aquí foi o primeiro cambio no baixo de Maleguin por Abel, curmán de Fernandito), No somos nada, En directo (gravado nun concerto, en Lakuntza), Ellos dicen mierda nosotros amén, Los jubilados, Barman, Negro e Hoy es el futuro.

En 1991 un tribunal prohibiu o nome da banda debido a un contencioso cun antigo técnico de son expulsado do grupo, pero LPR ignorando a sentenza sacou o álbum Bajo presión, un nome moi significativo do que estaba pasando ao redor do grupo. Finalmente en 1996 cambiaron o nome deixando unicamente "La Polla" co CD de Carne para la picadora.

Posteriormente lanzan o álbum titulado La Polla Enturecto, gravado en vivo como unha recompilación. En 1999 celebran os vinte anos de LPR gravando Toda la puta vida igual. Logo lanzan Bocas e Txarly deixa a banda sendo substituído por Jokin de M.C.D..

En 2002 cando seguen tocando e dando concertos, morreu Fernandito (batería) o 22 de setembro. LPR cancela todos os seus concertos e xiras. Logo da perda de Fernandito, sacan o seu último álbum como ben indica o seu título: El último (el) de la Polla, e poñen fin a vinte e tres anos de carreira.

Evaristo decidiuse a sacar un libro chamado Por los hijos lo que sea en que narra relatos, historias e anécdotas que teñen o mesmo propósito que as súas letras, continuando tamén a súa carreira musical con grupos como The Kagas, The Meas e actualmente con Gatillazo preparando o seu segundo traballo.

O grupo non foi amante das promocións nin das gravacións en vídeo. Durante a súa dilatada carreira realizaron poucos videoclips.

Membros do grupo Formación orixinal Evaristo Páramos (voz) Abel (baixo) Fernando (batería) Txarly (guitarra) Sume (guitarra)

Última formación Evaristo (voz) Abel (baixo) Tripi (batería) Txiki (guitarra) Sume (guitarra)

Membros antigos Maleguin (baixo). Desde Y ahora que? ata Salve. Jokin (guitarra). Estivo no disco Bocas, trala marcha de Txarly do grupo. Ex-guitarrista de MCD, e posteriormente de Motorsex. Txarly (guitarra). Desde Y ahora que? ata Toda la puta vida igual. Deixou o grupo por un accidente que lle afectou á audición.

Discografía Álbums Banco Vaticano (maqueta, 1981) Y ahora qué? (1983) Salve (1984) Revolución (1985) No somos nada (1987) Donde se habla (1988) En directo (1988) Ellos dicen mierda nosotros amén (1990) Los jubilados (1990) Barman (1991) Negro (1992) Hoy es el futuro (1993) Bajo presión (1994) Carne para la picadora (1996) En tu recto (1998) Toda la puta vida igual (1999) Bocas (2001) El último (el) de La Polla (2003) Vamos entrando (directo) (2004)

DVD Vamos Entrando (2004, Festival Viña Rock. Villarrobledo, Albacete)

Recompilatorios Volumen 1 Volumen 2 Volumen 3 Volumen 4 14 Años de La Polla

Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais formados en 1979 Categoría:Grupos musicais separados en 2003 Categoría:Grupos musicais de punk rock