O río Cúa é un río español da comarca do Bierzo, na provincia de León, afluente do río Sil pola súa beira dereita.

Descrición Fontes Nace no Campo de la Pesca, preto do porto de Cienfuegos, a 1565 m de altitude.

Percorrido No seu curso alto segue unha dirección oeste-leste até un quilómetro despois de recibir, pola esquerda, as augas do rego de Trayecto, mudando entón o sentido a norte-sur. Atravesa os municipios de Peranzanes, Fabeiro, Vega de Espinareda, Arganza, Cacabelos, Carracedelo e Toral dos Vados, onde desemboca no Sil.

O seu percorrido total é de 62 km. O conxunto da súa cunca cobre unha área de 677 km².

Afluentes Os afluentes principais do Cúa son, pola dereita, o río Ancares, e pola esquerda, e con menor caudal, o mencionado rego de Trayecto, o río de Faro e máis o río Biarzas.

Categoría:Ríos de Castela e León Categoría:Afluentes do Sil Categoría:O Bierzo