A economía do Sri Lanka está baseada na exportación de produtos primarios, como grafito, produtos téxtiles, té, coco e caucho. A posición xeográfica da illa, da cal a capital Colombo é un dos portos máis importantes do océano Índico, sempre foi un grande estímulo da economía.

En 1977 o goberno abandonou as políticas de estatalización e de substitución das exportacións por outras orientadas á economía de mercado e ás exportacións, incluíndose incentivos ao investimento estranxeiro. Poucos anos despois, o 1983, iniciouse unha guerra civil entre as etnias cingalesa e a minoría támil que durou ata o 2009, causando danos importantes na economía do país. Os gastos do goberno en desenvolvemento e no combate aos Tigres de Liberación do Tamil Eelam fixeron con que o PIB crecese case 7% ao ano entre 2006 e 2008.

Ata o inicio dos anos 90, o Sri Lanka era o maior exportador mundial de té, e esta guerra fixo que os investimentos no cultivo do té (na maior parte financiados por compañías británicas) caesen ano tras ano. O turismo, a pesar de aínda figurar como unha importante fonte de divisas, tamén sufriu co conflito.

Notas