miniatura|dereita|Encoro de Grandas de Salime, obra na que colaborou Vaquero Palcios.

Joaquín Vaquero Palacios, nado en Oviedo o 9 de xuño en 1900 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1998, foi un arquitecto e pintor asturiano.

Traxectoria Viviu a súa infancia na capital asturiana. En 1921 ingresa na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, e antes de terminar a carreira conta xa con exposicións individuais en París e Nova York. Unha vez graduado como arquitecto incorpórase ao estudio que o seu cuñado, Francisco Casariego, tiña en Oviedo.

Durante un tempo (1950 - 1965) vive en Roma traballando na Academia Española de Belas Artes, da que chegaría a ser director, adicándose por un tempo á pintura. En 1969 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Como pintor, os temas que máis trataba eran a paisaxe e a arquitectura de lugares de Castela e Asturias, así como arquitecturas antigas e exóticas (ruínas romanas, pirámides de Exipto, poboados de indios americanos). Cando pintaba figuras humanas, estas presentábanse integradas na grandiosidade da paisaxe. Ceo, terra e mar, adquiren unha grande importancia na súa obra.

O seu fillo, Joaquín Vaquero Turcios, tamén é artista (pintor, escultor e arquitecto).

Obras destacadas Encoro e Central de Grandas de Salime (Asturias), 1954. Edificio do Instituto Nacional de Previsión en Oviedo. Sede da empresa Hidrocantábrica en Oviedo. Colexio Maior América en Oviedo. Fábrica de Gas en Oviedo. Pavillón Español na Bienal de Venecia de 1952.

En Galiza A Vaquero Palacios débeselle a autoría do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, executado entre os anos 1937 e 1942.

Premios e recoñecementos Primeira Medalla de Arquitectura da Exposición Nacional (1930). Primeira Medalla de Belas Artes na Exposición Nacional (1952). Medalla de Ouro da Arquitectura (1996). Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Pintores de Asturias Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid