miniatura|O Anxo Caído ou Lucifer, bronce de 1877

Ricardo Bellver y Ramón, nado en Madrid en 1845 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 1924, foi un escultor español.

Traxectoria Neto do escultor valenciano Francisco Bellver y Llop, e fillo de Francisco Bellver (1812-1890), que eran basicamente imaxineiros en madeira, Ricardo creceu nunha familia de artistas, pois os seus tíos Mariano e José Bellver eran tamén escultores. Foi alumno da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, acabando a súa formación como escultor en Roma, pensionado polo Estado español, desde onde enviaría, entre outras obras, a dedicada a un anxo caído.

Ricardo comezou a ser recoñecido a raíz de que a súa composición escultórica "O Anxo Caído" ou Lucifer, de 1877, fose premiada, primeiro coa Primeira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1878) e logo na Exposición Internacional de París (1881). O autor logrou unha estatua de indubidábel orixinalidade, sendo tanto o interese que suscitou nas masas que o Museo Nacional do Prado doouna ao pobo madrileño, ficando instalada na praza del Ángel Caído, no Parque do Retiro, Madrid. Tal éxito levou a que fose nomeado académico, acabando como director da Escola de Artes e Oficios de Madrid.

miniatura|210px|dereita|Monumento a Elcano (1881, Guetaria).

Consérvanse outros traballos de Ricardo Bellver en Madrid, na Basílica de San Francisco o Grande, na Igrexa de San Xosé, na Igrexa Pontificia de San Miguel, no edificio do Ministerio de Fomento (Paseo da Infanta Isabel), e no mesmo Parque do Retiro, no interior do Monumento a Afonso XII de España.

Obra Enterro de Santa Inés (baixorrelevo). O Anxo Caído (1877), estatua situada no Parque do Retiro de Madrid. Morte de Santa Ágata, baixorrelevo (1888). San Expedito (1916), talla localizada na igrexa de San Vicente Mártir, Abando (Bilbao). Juan Sebastián Elcano (1888), estatua na praza do Concello de Getaria (Biscaia). Portas neogóticas da Catedral de Sevilla. San Bartolomeu e Santo André, na igrexa de San Francisco o Grande, Madrid. Fama, no panteón do poeta Meléndez Valdés Monumento a Donoso Cortés, cemiterio de San Isidro, Madrid. Sepulcro do Cardenal Silíceo.

Outros datos O Anxo Caído de Bellver figura como imaxe de pechamento do filme de Álex de la Iglesia, El día de la Bestia (1995).

Véxase tamén

Bibliografía

Bellver, Ricardo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores da Comunidade de Madrid