O buxato común (Buteo buteo) é unha ave de presa propia da Eurasia. Recibe tamén os nomes de miñato común, miato, bexato, buxato, lamego ou lamote. O buxato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os buxatos poden chegar a vivir até 20 anos.
Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.
Os buxatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que vira, en ocasións, bandos de 15 ou máis buxatos nalgúns sitios.
Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado abelleiro europeo (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do buxato común para se protexer do azor.
Reprodución O buxato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas illadas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.
Hábitos alimenticios
Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.
Outros nomes en galego
O buxato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...
Subespecies
As diferentes subespecies de buxatos divídense en varios grupos :
Grupo occidental O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:
Buteo buteo buteo: Europa B. b. rothschildi: Illas Azores B. b. insularum: Illas Canarias B. b. arrigonii: Córsega e Sardeña B. b. menetriesi: Cáucaso B. b. harterti: Illas de Madeira
Grupo oriental Está representado polas subespecies seguintes :
B. b. vulpinus : Eurasia. É un migrante de "longa distancia", excepto os inviduos que viven no Himalaia. B. b. japonicus: Xapón.
Grupo africano As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:
Buteo (buteo) bannermani: Cabo Verde Buteo (buteo) socotrae: Illa de Socotra
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos As aves na cultura popular galega
Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1758