Sonic Youth é o EP de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi gravado en 1981 no Radio City Music Hall, en Nova York, e editado polo selo de Glenn Branca, Neutral Records, en marzo de 1982. É a única gravación de Sonic Youth que conta co batería Richard Edson.

Reedicións En 1987 SST Records reeditou o álbum no formato orixinal en vinilo, ademais de en casete cos cinco temas na primeira cara da cinta. A outra cara contaba cos mesmos temas, pero interpretados ao revés, do último ao primeiro, e tanto no libreto como no propio casete as cancións da cara b aparecían impresas como se se vise a través dun espello. Ese mesmo ano o EP foi publicado por vez primeira en CD, a través de SST nos Estados Unidos e de Blast First Records no Reino Unido.

Geffen reeditou o EP no ano 2006 en CD e en dobre vinilo con 8 temas engadidos. 7 proceden dunha actuación en directo do día 18 de setembro de 1981, mentres que o último corte é unha é unha gravación de estudio dunha versión previa de "I Dreamed I Dream", gravada en outubro de 1981.

Listaxe de cancións

As cancións extra graváronse ao vivo no Music for Millions Festival no New Pilgrim Theatre de Nova York o día 18 de setembro de 1981, agás a versión de estudio de "Where the Red Fern Grows", gravada en outubro dese ano segundo o libreto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O EP Sonic Youth na páxina oficial da banda

Categoría:EPs de Sonic Youth Categoría:EPs musicais de 1982