Os albións (en ) eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.Tabula Imperii Romani K-29, Porto: Conimbriga, Bracara, Lucus, Asturica, (Madrid, 1991) 20-21; Richard J.A. Talbert (ed.), Barrington Atlas of the Greek and Roman World, map 24, E1.
Etimoloxía É posible que o nome dos albións proveña da raíz celta *albiyo- “mundo (superior)” ou “país”.Delamarre (2003) p. 37; Koch (2006) s.v. albio, albiones. Pode ter relación co antigo nome da Illa de Gran Bretaña, que era Albion.
Fontes e situación miniatura|Castro de Coaña. Os albións aparecen citados como gentes en Plinio o Vello, 4, 20,111 e indicando que vivían ao oeste do río Navia; Claudio Tolomeo nomea o mesmo río como Navialbión, confirmando a situación deste grupo. Segundo J. L. Maya, os albións, os egobarros e os cibarcos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.
Ó seu territorio correspondería o castro de Coaña, que probablemente foi a súa capital.
Estela de Nicer
miniatura|esquerda|75px|Estela de Nicer. miniatura|dereita|75px|Foto da estela. A estela de Nicer é unha estela funeraria en 1932 no concello asturiano da Veiga, na desembocadura do río Eo. A inscrición está dedicada a Nicer, un "príncipe" dos albións (principis Albionum), o que dá pé a pensar que podían estenderse até este último río, no que, en último extremo, se atoparían cos egobarros, outro pobo galaico. A estela está exposta no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.
Non existe acordo sobre a súa datación. O feito de que a persoa á que fai referencia fose dunha tribo prerromana podería datalo cara ao século I, mais a aparición do crismón cristián que coroa a epígrafe indica que podería ser posterior.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas Topónimos célticos en Galicia Bibliografía Delamarre, Xavier (2003) Dictionnaire de la langue gauloise. Editions Errance. ISBN 978-2-87772-369-5.
Categoría:Galaicos Albións