miniatura|dereita|200px|Fachada do Teatro Jofre, 1921. Rodolfo Ucha Piñeiro, nado en Vigo o 29 de setembro de 1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981, foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernista en Galiza, especialmente en Ferrol.
Traxectoria Sendo un neno trasladouse coa súa nai, viúva, a Ferrol. Logo de estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, en 1906 obtivo o título. Volveu a Ferrol onde traballou como arquitecto municipal dende 1909.
Faleceu na cidade departamental, case centenario, o 27 de xaneiro de 1981.
Características A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis. Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco.
Obra (selección) Practicamente todas as súas obras foron levantadas na mesma cidade de Ferrol.
Fonda Suíza (actual Hotel Suízo), 1910. Casa Romero, 1910. Peixería de Abastos Municipais, 1910. Edificio de "El Correo Gallego", 1912. Casa Pereira, 1912. Casa Rodríguez Fernández, 1912. Casa Brañas (rúa Real), 1913. Hotel Suízo, 1913. Hotel Ideal Room, 1917. Chalé Antón, 1918. Casino Ferrolán, 1921. Fachada do Teatro Jofre, 1921. Edificio Pita Saavedra, 1939. Edificio Calvo Formoso, 1939. Casa Bruquetas (rúa da Igrexa nº 4).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Chalé Antón
Ligazóns externas
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1981