Pulp é unha banda de rock alternativo formada en Sheffield, Inglaterra en 1978 polo entón adolescente de 15 anos Jarvis Cocker. Foi orixinalmente coñecida como "Arabacus Pulp", pero o nome foi acurtado un ano despois. Os membros de Pulp eran todos compañeiros que asistían á City High School en Sheffield e acompañaron á banda Crude, da mesma escola, nos seus primeiros concertos. Citan como as súas influencias a David Bowie, The Cure, The Beatles e The Kinks.
Durante os anos 80 a banda esforzouse por conseguir o éxito, pero non sería ata os 90 cando gañarían prominencia no Reino Unido coa edición dos álbums His 'n' Hers en 1994 e particularmente Different Class en 1995, que acadou o número 1 na lista de álbums británica. Different Class conseguiu catro sinxelos top 10, incluídos "Common People" e "Sorted for E's & Wizz", que foron número 2 no seu país. O sexto álbum da banda, This Is Hardcore (1998), tamén debutou no número un no Reino Unido e foi nomeado ao Mercury Prize. No seu auxe, Pulp encabezaron o escenario Pyramid do Festival de Glastonbury dúas veces e foron considerados entre os "catro grandes" do Britpop, xunto con Blur, Oasis e Suede.
O estilo musical de Pulp durante este período era un pop-rock influenciado pola música disco cunhas letras ultrarrealistas.
A banda lanzou We Love Life en 2001 e despois tomouse unha pausa dunha década, despois de vender máis de 10 millóns de discos.Brown, Glyn. "Darren Spooner: Who the Hell Does He Think He Is?". The Independent. 23 de outubro de 2003 Pulp reuniuse en 2011 para tocar en varios festivais e lanzaron "After You" en 2013, a súa primeira canción en 12 anos. A banda reuniuse por segunda vez en 2022 para unha nova xira e, máis tarde, lanzou o seu oitavo álbum, More, en xuño de 2025.
Discografía Álbum Ano Selo It 1983 Red Rhino Records Freaks 1987 Fire Records Separations 1992 Fire Records His 'n' Hers 1994 Island Records Different Class 1995 PolyGram, Island This Is Hardcore 1998 Island Records We Love Life 2001 PolyGram, Island More 2025 Rough Trade Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de Sheffield Categoría:Britpop Categoría:Grupos musicais formados en 1978