miniatura|dereita|245px|Cabalgata dos reis magos en Santiago de Compostela. O 5 de xaneiro é o quinto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 360 días para rematar o ano e 361 nos anos bisestos.

Acontecementos 1387 - Xoán I é nomeado rei da Coroa de Aragón trala morte de seu pai Pedro IV o Ceremonioso. 1527 - en Zürich é executado Felix Manz, líder da congregación anabaptista. 1543 - Desembarca no porto de San Francisco de Campeche (México), o frade español Bartolomé de las Casas, que se fará evanxelizador, educador, historiador e defensor do indíxena. 1728 - Fundación da Universidade da Habana (Cuba). 1762 - Pedro II asume o trono do imperio Ruso o fina-la súa tía, a emperatriz Elizabeth. 1798 - Inaugúrase o cemiterio San Xoán Evanxelista de Baiamo, primeiro de Cuba e de América. 1809 - O imperio Otomán e Gran Bretaña firman o Tratado dos Dardanelos. 1813 - O Tribunal da Inquisición é suprimido polas Cortes de Cádiz. 1814 - A Rexencia do Reino é trasladada dende Cádiz a Madrid. 1835 - Editase a primeira revista gráfica, O artista. 1855 - Inauguración do primeiro ferrocarril en Panamá, de 75 quilómetros de percorrido. 1895 - Caso Dreyfus: o oficial francés de orixe xudía Alfred Dreyfus perde a súa patente oficial e é sentenciado a prisión perpetua na Illa do Diaño, Güiana Francesa. 1896 - O Wiener Presse publica un descubrimento de Wilhelm Roentgen, unha radiación que logo se chamaría Raios X. 1900 - Estréase en Roma a ópera Tosca de Giacomo Puccini. 1900 - O líder unionista John Edward Redmond chama aos irlandeses a rebelarse contra o Reino Unido. 1905 - Charles Perrine anuncia o descubrimento de Elara, o 7º satélite de Xúpiter. 1914 - Ford anuncia un salario de 5 dólares por xornada de 8 horas diarias na súa fábrica de automóbiles. 1916 - Antón Villar Ponte comeza dende La Voz de Galicia a campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego, orixe das Irmandades da Fala 1917 - Islandia obtén de Dinamarca unha limitada autonomía administrativa. 1919 - Fúndase o Partido Nacional Socialista Alemán (NSDAP). Partido ao que pertenceu Adolf Hitler co carné número 7. 1920 - Por orde gobernamental son clausurados en España os sindicatos obreiros e o xornal Solidaridad Obrera, tralo atentado contra o presidente da patronal. 1930 - O Goberno soviético anuncia a creación de cooperativas agrícolas de produción, chamadas koljós. 1933 - Comenzan os traballos de construción do Golden Gate (San Francisco, EUA). 1940 - Estréase en Barcelona a película La tonta del bote, baseada na obra de Pilar Millán Astray. 1940 - Realízase a primeira demostración da radio FM. 1941 - Remátanse as obras do túnel de Viella, que comunica o Val de Arán co resto de España. 1950 - Gran Bretaña rompe as súas relacións diplomáticas coa China nacionalista e, o día seguinte, recoñece o réxime de Mao Zedong. 1953 - Primeira representación da obra de teatro de Samuel Beckett Á espera de Godot. 1955 - O ministro francés do Interior, François Mitterrand, propón que Alxeria se integre en Francia. 1959 - Alasca, despois da admisión solicitada hai 2 días, convertese no 49 estado da Unión norteamericana. 1961 - Cuba expón no consello de Seguridade da ONU o seu temor de que os Estados Unidos prepare a invasión da illa. miniatura|Colofón da primeira edición das Memorias dun neno labrego. 1961 - Publícase Memorias dun neno labrego pola editorial Follas Novas fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda na Arxentina. 1969 - A Unión Soviética lanza unha sonda espacial a Venus. 1975 - Cantarero del Castillo constitúe Reforma Social Española, primeira asociación política autorizada. 1977 - Suprímese en España o Tribunal de Orde Pública, e crease a Audiencia Nacional, ademais de deroga-lo Decreto-Lei sobor terrorismo. 1978 - Entra en vigor a preautonomía do País Vasco. 1985 - Nacen nun hospital de París os primeiros trixemelgos europeos concibidos por medio da fecundación in vitro. 2000 - O Goberno de Aragón confirma a morte, dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, do derradeiro exemplar de bucardo.

Nacementos miniatura|Nicole-Reine Lepaute miniatura|Maruxa Mallo 891 - Abderramán III, califa de Al-Ándalus que gobernou Córdoba. 1548 - Francisco Suárez, "Dr. Eximio", teólogo español. 1589 - Manuel de Villegas, escritor español. 1592 - Shah Jahan Mughal, emperador hindú. 1596 - Henry Lawes, compositor. 1713 - Jorge Juan y Santacilia, matemático e físico español. 1723 - Nicole-Reine Lepaute, astrónoma francesa. (f.1788) 1744 - Gaspar Melchor de Jovellanos, político e escritor español. 1838 - Camille Jordan, matemático francés. 1846 - Rudolf Eucken, filósofo alemán, Premio Nobel de Literatura no 1908. 1855 - King Camp Gillette, inventor da folla de afeitar. 1858 - Telesforo Ojea Somoza, xurista, xornalista e político galego (m. 1890). 1866 - Ramón Casas, pintor español. 1876 - Konrad Adenauer, chanceler e estadista alemán. 1881 - Pablo Gargallo, escultor español. 1895 - Enrique Policastro, pintor arxentino. 1900 - Yves Tanguy, pintor surrealista francés. 1902 - Maruxa Mallo, pintora galega. 1906 - Kathleen Kenyon, arqueóloga británica. 1909 - Luisa Mercedes Levinson, novelista e dramaturga arxentina. 1911 - Jean Pierre Salomons (J.P. Aumont), actor francés. 1914 - Antonio Matilla Tascón, historiador español. 1921 - Jean de Nassau, Gran Duque de Luxemburgo. 1921 - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo. 1926 - Maria Schell, actriz austríaca. 1928 Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (m. 2011). Walter Mondale, 42do vicepresidente estadounidense (m. 2021). 1932 - Umberto Eco, semiólogo, mestre e escritor italiano. 1938 - Xoán Carlos I, rei de España. 1943 - Terenci Moix, escritor español. 1946 - Diane Keaton, actriz estadounidense. 1948 - Teófila Martínez, política española, alcaldesa de Cádiz. 1950 - Chris Setin, músico escocés. 1952 - Purificación Mayobre, filósofa, escritora e feminista galega. 1953 - Xosé Ramón Pousa, xornalista e escritor galego. 1958 - Alberto Muñoz Terol, biólogo español. 1961 - Isabel Gemio, presentadora española de radio e televisión. 1964 - Gran Young, músico canadense. 1969 - Marilyn Manson, cantante estadounidense. 1976 - Diego Tristán, futbolista español. 1986 - Ana María Pérez Cerviño, escritora e ilustradora galega.

Mortes miniatura|Ramón María del Valle-Inclán miniatura|Isaac Díaz Pardo 900 - Xoán IX, Papa. 1066 - Eduardo, o Confesor, rei de Inglaterra. 1586 - Rodrigo de Benavides, militar español, participou na Batalla de Lepanto. 1589 - Catarina de Medici, raíña de Francia. 1692 - Fernando de Valenzuela, político español. 1713 - Jorge Juan y Santacilla, científico levantino de sona internacional no século XVIII, cualificado na Europa da súa época como o sabio español Calendario 2014 MUNCYT. (m. 1773) 1857 - Gregorio Aráoz de Lamadrid, militar arxentino. José Luis de Bustamante, escritor uruguaio. 1860 - San Xoán Nepomuceno, relixioso checoslovaco. 1903 - Práxedes Mateo Sagasta, presidente do Goberno español. 1922 - Ernest Shackleton, explorador británico. 1933 – Calvin Coolidge, 33er Presidente estadounidense (n. 1872). 1936 - Ramón María del Valle-Inclán, escritor galego. 1960 - Quico Sabaté, guerrilleiro antifranquista catalán (n. 1915) 1970 - Max Born, físico alemán de orixe polaca, Premio Nobel en 1954. 1974 - José Suárez, foi un fotógrafo galego. 1979 - Charles Mingus, músico. 1985 - Matilde Urrutia, muller de Pablo Neruda. 1990 - Arthur Kennedy, actor estadounidense. 1991 - Vasko Popa, poeta iugoslavo. 1993 - Juan Benet, escritor español. 1997 - André Franquin, autor de historietas belga. 1998 - Sonny Bono, músico e político estadounidense. 2001 - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica (n. 1919) 2010 - Kenneth Noland, pintor estadounidense (n. 1924) 2012 - Isaac Díaz Pardo, artista e intelectual galego.

Festas e celebracións En moitas vilas e cidades galegas celébrase a cabalgata dos Reis Magos e actos na súa honra.

Santoral San Telesforo (Papa); Xoán Neuman (Bispo); Teodoro, Odulfo e Onoberto (Confesores); Simeon estilita (Anacoreta); Eduardo, Rogerio e Simon (Mártires); Amelia, Tatiana, Tania, Ciara, Emiliana, Apolinaria e Sincletica (Virxes); Amada (Abadesa); Calendario Romano: Compitalia.

Outros

Os 366 días do ano Notas

05