O lúpulo ou lupioTermo popular galego en (Humulus lupulus) é unha planta herbácea perenne e rubideira da familia das cannabáceas que medra en zonas húmidas. As flores macho e femia medran en plantas diferentes, as primeiras son de cor verde clara e as segundas son amerelo verdosas. O seu froito madurece no outono e contén unha substancia, chamada tamén lúpulo, que tradicionalmente se utilizou para darlle sabor e aroma á cervexa.

Descrición Aínda que é considerada unha rubideira, non posúee gabiáns nin ningún outro apéndice para este propósito, senón que se serve de rexos talos provistos de ríxidas vilosidades inclinadas cara a abaixo. É unha herbácea perenne que pode acadar oito metros de altura, con follas palmato-lobuladas de 3 a 5 lóbulos dentados. Sendo unha especie dioica, as flores femininas e masculinas xorden en plantas separadas, as primeiras, de cor verde clara, reúnense en candeas e son usadas como saborizante e axente estabilizador na cervexa, as masculinas, amarelo verdosas, forman panículas. O froito é un aquenio.

Composición Contén aceites esenciais (até un 1 %, sobre todo humuleno, mirceno, b–cariofileno e farnesceno) e máis de cen principios doutro tipo, entre eles xeraniol, linolol, citral, linioneno e serolidol; tamén posúe un complexo de resinas agres ( 3-12 % ) no que hai ácido valerónico, lumulona e lupulona. O aceite esencial e mais as resinas amargas reciben o nome conxunto de lupulina.

O lúpulo en Galicia En 1914 o enxeñeiro Leopoldo Hernández Robledo iniciou cultivos experimentais de lúpulo en Betanzos con variedades traídas de Kent (Inglaterra). En paralelo, José María Rivera, empresario fundador de La Estrella de Galicia realizaba experimentos de aclimatación nunha propiedade anexa á fábrica que tiña na Coruña. Precisamente nesta cidade, e durante a Guerra Civil, creouse o Servicio Oficial para el Fomento del Cultivo de Lúpulo, dependente do ministerio de Agricultura dos sublevados. Este servizo administrativo daría paso, durante a crise da importación de lúpulo que aconteceu durante a segunda guerra mundial (1939-1945), á Sociedad Anónima de Fomento del Lúpulo, que recibe a concesión monopolística para a explotación do lúpulo no noroeste de EspañaMaino [Marcelino Álvarez López], El cultivo del lúpulo en Galicia. In Anuario Brigantino, 1983, p. 101.

Durante o tempo de funcionamento da empresa, entre 1946 e 1983, cultivouse lúpulo en Abegondo, Aranga, Cabanas, Cambre, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Láncara, Lugo, Melide, Miño, Mondoñedo, Ortigueira, Oza dos Ríos, Paderne, Padrón, Pontedeume, O Porriño e Vedra, pero que tivo o seu epicentro en Betanzos, onde se atopaba a sede da empresa e a maior parte da produciónMaino [Marcelino Álvarez López], El cultivo del lúpulo en Galicia. In Anuario Brigantino, 1983, p. 102. En 1946 recolléronse xa 4000 kg de lúpulo, cantidade que foi aumentando anualmente ata 1963, cando se recolleron 630 000 kg de lúpulo seco, e que representou o punto álxido da produción.

A decadencia do cultivo do lúpulo en Galicia empezou a comezos da década de 1960 e débese a varios factores: dunha banda, a esixencia da Sociedade Anónima de Fomento do Lúpulo de que os produtores lle entregasen o lúpulo xa seco, e non fresco; os sequeiros supuñan un investimento elevado e unha boa parte dos produtores optaron pola supresión dos cultivos. Doutra banda, a mediados da década de 1970 o lúpulo galego sufriu unha viríase que levou á súa práctica extinción no paísMaino [Marcelino Álvarez López], El cultivo del lúpulo en Galicia. In Anuario Brigantino, 1983, p. 103.

No ano 2013 comeza a se recuperar o cultivo do lúpulo na provincia da Coruña de xeito ecolóxico principalmente para fornecer á industria cervexeira galega. Agárdase superar as 30 hectáreas de cultivo.

AnoColleita (kg)Colleita (miles de ptas194643401631947530021219484580206194961303211950217781531,3

AnoColleita (kg)Colleita (ptas197086 29410 600

Sinonimia Humulus lupulus var. lupulus L. Lupulus scandens Lam.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cervexa Ligazóns externas http://www.lutega.com/ - Lúpulo Tecnología de Galicia, Sociedad Cooperativa Gallega (LUTEGA)

Categoría:Humulus Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Cultivos Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Plantas ornamentais