O lago da Baña (oficialmente Lago de la Baña e denominado Llagu Lla Baña en asturleonés) é unha lagoa de orixe glaciar situada preto de La Baña, Encinedo, na comarca de Cabreira en León. É un espazo declarado "monumento natural" ao norte da serra da Cabreira e da serra da Mina.

Formouse por erosión glaciar e conta ao redor cun circo glaciar rematado polos cumes de Pena Trevinca (2.127 m) e Pena Surbia, no límite de Galiza. No lago destaca unha morena glaciar formada por laxes de lousa, que se atopa nun bo estado de conservación, malia as actividades de minaría a ceo aberto que se realizan nas súas proximidades.

Na paisaxe da contorna abondan distintas aves de rapina, lobos, xabarís e troitas, así como bidos, acivros e moi diversos tipos de fentos de montaña.

Notas

Véxase tamén Pena Trevinca Parque Natural do Lago de Seabra

Lago da Baña Baña Lago da Baña