Visumaro, Visimar, Wisimar, Wisumath ou Raegaise, foi un rei vándalo do século IV, da tribo dos Asdingos. Aínda que esta figura histórica está moi ensombrecida pola falta de datos históricos, é sinalado como un dos primeiros monarcas dos vándalos. A súa extensión territorial ocupaba partes da entón provincia romana de Dacia (rexións da actual Transilvania en Romanía, Hungría oriental polas ribeiras do Tisza até Ucraína).

Tivo, polo menos, un fillo: Godexisilo, que tamén foi rei dos vándalos asdingos e que morreu no 407.

O historiador Xordanes relatou que durante o avance dos godos tervingos se enfrontou ao seu rei, Xeberico,Memorias de la Real Academia de la Historia. Vol. 1. (1796), p.

209. á beira dun río húngaro no 335, e que nese enfrontamento perdeu a vida; porén, os asdingos deron armas aos escravos e conseguiron rexeitar os godos.Cantù (1854), p. 757.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis dos vándalos Categoría:Finados en 335