Briareo (do grego "forza") é un personaxe mitolóxico, un dos tres Hecatonquiros, xigantes de cen brazos e cincuenta cabezas. Era fillo de Urano e Xea, e irmán de Cotto e Xigues.
Urano encerrounos no Tártaro, e Cronos liberounos para que o axudaran na Titanomaquia (guerra contra aquel), pero volveunos encerrar unha vez conseguida a vitoria. Finalmente, foron liberados por Zeus.
Casou con Cimopolea, filla de Poseidón, e xuntos construíron o seu palacio no río Océano. Tiveron unha filla chamada Oiolica.
Na Ilíada cóntase que foi chamado pola nereida Tetis para liberar a Zeus das cadeas que querían poñerlle Hera, Atenea e Poseidón.
miniatura|Tetis invocando a Briareo. Talla de 1793, obra de Tommaso Piroli a partir dun debuxo de John Flaxman, empregada nunha edición da Ilíada de 1795.|centro Véxase tamén Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega