Francisco Armando Veiga Romero, nado no Riós o 6 de decembro de 1958, é un político galego do PPdG.

Traxectoria Foi empregado de banca entre 1980 e 1999, desempeñando o cargo de Director-Interventor do Banco Español de Crédito.

Comezou a súa carreira política en 1982 en Alianza Popular. Concelleiro do Riós, en setembro de 1993 foi elixido alcalde do Riós para substituír o dimisionario Eloy Veiga Martínez.La Voz de Galicia, Ourense, 10-9-1993, p. L1. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 1995 e acadou catro concelleiros, converténdose en alcalde. En 1999 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, revalidada nos anos 2003 e 2007 con 8 concelleiros. Como alcalde do Riós, forma parte do Consorcio de Incendios da mancomunidade de Verín, e é representante e coordinador técnico do programa de voluntariado do seu concello.

Desde 2003 é deputado provincial, pertencendo ás comisións de Patrimonio, Consello de Contas, Agricultura e Medio Ambiente. Así mesmo, fai os labores de tesoureiro na executiva do PPdG. En abril de 2022 renunciou á alcaldía e foi substituído pola concelleira Eva Barrio.Entrevista. Eva Barrio: "Teño un sentido moi acentuado do que é ser servidora pública"

Viva persoal

Está casado e ten dous fillos. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais no Riós

Categoría:Alcaldes do Riós

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1958