Unha vía é un camiño, ou vial; dá nome aos seguintes conceptos:

en anatomía e medicina, a vía biliar é un conxunto de condutos intra e extrahepáticos polos que discorre a bile producida no fígado ata desembocar na segunda porción do duodeno; as vías férreas son os camiños polos que circula o ferrocarril; en astronomía, a vía Láctea é unha galaxia, na que se encontra o Sol. Ten un diámetro medio duns 100 000 anos luz e contén uns 100 000 millóns de estrelas; a Fundación Vía Libre é unha entidade arxentina, sen fins de lucro, que segue os ideais do software libre e aplícaos á libre difusión da información; as vías pecuarias son camiños para o gando transhumante; as vías verdes son antigos trazados para ferrocarril adaptados para o seu uso como itinerarios cicloturista ou sendeirista (con bicicleta ou a pé); en literatura, a Caderna vía (ou tetrástrofo monorrimo) é un tipo de estrofa formada por catro versos con rima consonante uniforme, con versos de 14 sílabas (dous hemistiquios de sete sílabas) con pausa ou cesura no medio; en política, a terceira vía é unha económica de goberno que, desde unha perspectiva socialista ou socialdemócrata, pretende aplicar políticas de desregulación, descentralización e redución de impostos.