O gan é unha lingua falada na China, pertencente ao grupo de linguas sino-tibetanas. É falada na provincia de Jiangxi, así como por poboacións significativas nas rexións veciñas de Hunan, Hubei, Anhui e Fujian. O gan é membro das linguas siníticas da familia sino-tibetana, e a lingua hakka é a variedade chinesa máis achegada ao gan en termos de fonética. O gan está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Existen diferentes dialectos do gan, sendo considerado o dialecto de Nanchang o máis representativo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en gan Bibliografía

Categoría:Linguas sino-tibetanas