David (en Dāwîḏ; en Dāwūd; en Dawid; en ; en ) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.Carr, David M. & Conway, Colleen M., An Introduction to the Bible: Sacred Texts and Imperial Contexts, John Wiley & Sons (2010), p. 58
Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que puido existir unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.
Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.
Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.
Nome
David (דָּוִד, Dāwîḏ) ten o significado de "o amado" ou "o querido", e provén da raíz דּוֹד dôwd, que ten o significado etimolóxico de "ferver" pero que sobrevive na Biblia hebrea no senso figurado de "amar" e, especificamente un termo para un tío (irmán do pai).Strong's Concordance H1732
Na tradición cristiá, o nome foi adoptado do como Dawid, en grego como , e en latín como Davidus ou David. No Corán escríbese , transliterado Dāwūd.
David foi adoptado como un nome cristián dende moi cedo, como David de Gales (século VI), David Saharuni (século VII) ou David I de Iberia (século IX).
Unha variante en galego é Davide.
Narrativa bíblica Segundo a Biblia, foi unificador das doce tribos na etapa posterior ós xuíces. Unxido por Samuel por riba de Xaúl, o primeiro e lexítimo rei. Conquistou a cidade de Xerusalén e instaurou alí a capital do reino. Tivo catro fillos: Amnón, Abxalom, Adonías e Salomón.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Arpistas Categoría:Personaxes do Antigo Testamento Categoría:Profetas