Experimental Jet Set, Trash and No Star é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. O álbum acadou o posto 34 na lista Billboard 200 e o 10 na lista de álbums de Reino Unido, e segundo Nielsen SoundScan o disco vendera unhas 246 000 copias nos Estados Unidos ata 2005. Lee Ranaldo non compuxo nin canta en ningunha canción do álbum.

O disco foi producido por Butch Vig e gravado no estudio Sear Sound da cidade de Nova York, o mesmo estudio onde se gravou o álbum da banda de 1987, Sister. A diferenza do seu predecesor, Dirty, Experimental Jet Set presenta unha abordaxe máis discreta e fai referencia ao traballo anterior da banda no selo discográfico independente SST Records. O álbum contén cancións máis tranquilas e relaxadas que tratan temas persoais e políticos.

A canción "Bull in the Heather" foi lanzada como sinxelo e como vídeo musical con Kathleen Hanna de Bikini Kill. O álbum recibiu críticas xeralmente favorables por parte da crítica musical, que destacou a capacidade da banda para crear tanto ruído como melodía. Porén, algúns consideraron que o estilo anticomercial do álbum era difícil de apreciar.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Butch Vig Categoría:Álbums de DGC Records