A píllara das dunas ou píllara papuda(Charadrius alexandrinus ou Anarhynchus alexandrinus) é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae.
Distribución miniatura|esquerda|220px|Cartel informativo da píllara das dunas en Galicia. Atópase amplamente distribuída ocupando extensas áreas da Europa meridional, América, África e sur de Asia, acadando os 40ª de latitude norte e apenas superando o ecuador en África e Asia. En América chega ata a Patagonia.
Na Península Ibérica atópase distribuída por tódalas costas, sendo máis escasa no Cantábrico. Tamén cría nalgunhas localidades interiores. En Galicia aniña en toda a costa en escaso número, destacando as poboacións do Complexo dunar de Corrubedo e Baldaio, cunha ducia de parellas reprodutoras en cada zona. Grazas ás medidas de protección dos hábitats desta ave nas illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas as poboacións desta ave nas illas estanse incrementando, especialmente nas Illas Cíes."El aumento de chorlitejos patinegros en las Cíes sorprende a los zoólogos" La Voz de Galicia, 15/5/2009, Consultada o 05/07/2018 Estímase que ao longo da costa galega aniñan entre 60 e 65 parellas (Domínguez e Vidal, 2002).AAVV, Guía das aves de Galicia, Ediciós Baía, A Coruña, 2004
Descrición A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao do merlo, pero máis estilizada. Mide uns 14 cm de lonxitude e 45 cm de envergadura. O seu peso vai dos 30 aos 50 g. A píllara é unha especie que presenta dimorfismo sexual: o macho ten a parte superior de cor crema, e a parte inferior de cor branca; as patas, o peteiro e a risca ocular son de cor negra. A femia é máis clara e carece de risca ocular negra.
Subespecies Coñécense cinco subespecies de Charadrius alexandrinus:
Charadrius alexandrinus alexandrinus Linnaeus, 1758 Charadrius alexandrinus dealbatus (Swinhoe, 1870) Charadrius alexandrinus nivosus (Cassin, 1858) Charadrius alexandrinus occidentalis (Cabanis, 1872) Charadrius alexandrinus seebohmi Hartert & Jackson, A.C., 1915
Alimentación En canto á alimentación, aliméntase principalmente de pequenos invertebrados, mosquitos, escaravellos, moscas e, máis raramente, de pequenos moluscos.
Reprodución miniatura|250px|esquerda| Charadrius alexandrinus A píllara papuda reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación. Adoita ser monógama e ten unha gran fidelidade ao lugar da posta. Esta adoita estar formada por 3 ovos, os cales son chocados durante 25 días polos proxenitores, facéndoo a femia polo día e o macho pola noite.
A posta da píllara ten lugar entre maio e xullo polo que esta se enfronta a un gran perigo: a coincidencia no tempo coa chegada do verán e os primeiros bañistas, polo que, como pon os seus ovos nun cunco na area, deixa de chocalos ante a posibilidade de intrusións na súa distancia vital. Os bañistas, inconscientemente, déitanse na area a tomalo sol, en ocasións durante horas, polo que a píllara non se achegará ao niño até que pase o perigo, arrefriándose os ovos e perdendo a posta. Outras causas da perda da posta son o esmagamento dos ovos por algún camiñante ou a predación por outras especies coma as gaivotas patiamarelas, os corvos, as ratas e mailos cans que vagan ceibos pola praia.
Galicia
A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.
Na actualidade existen asociacións ecoloxistas que loitan por que esta ave non desapareza dos areais galegos, mediante programas de concienciación e protección dos areais nos que a píllara das dunas aniña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) Documental sobre o aniñamento da píllara papuda no esteiro do Miño.
Categoría:Carádridos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Eurasia Categoría:Aves de África do Norte