Os Territorios Austrais Franceses (, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en:
Illas Kerguelen (), un grupo de illas volcánicas no sur do océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia; Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen; Illas Crozet (), un grupo no sur do océano Índico, ao sur de Madagascar; Terra Adelia (), a demanda francesa no continente da Antártida; As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.
Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses () ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.
Aproximadamente de 150 (no inverno) a 310 (no verán) persoas viven nas terras meridionais e antárticas francesas pero só son militares, funcionarios, investigadores científicos e persoal de apoio. O territorio non ten legalmente poboación civil permanente."The TAAF do not have any permanent population."
O 5 de xullo de 2019, as terras e mares austrais franceses foron inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Xeografía
O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².
Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.
Flora e fauna
As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.
Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).
Administración
Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.
O territorio está dividido en cinco distritos:
Distrito Capital Poboación Superficie ZEE(km²) Inverno Verano (km2) Terra Adelia Dumont d'Urville Station 30 110 432.000 — Arquipélago Crozet Alfred Faure 25 45 352 567.475 Arquipélago das Kerguelen Port-aux-Français 70 110 7,215 563.869 Illa Saint Paul e Amsterdam Martin-de-Viviès 25 45 61 502.533 Illas dispersas(1) Saint Pierre2, Réunion 56 56 38´4 640.400 TAAF Saint Pierre3, Réunion 206 366 439.666´4 2.274.277 1 Segundo a nova lei 2007-224 do 21 de febreiro de 2007, as Illas Dispersas constitúen o quinto distrito do TAAF. O sitio web da TAAF non menciona a súa poboación. Os datos non están incluídos nos totais.2 A estación principal de Illas dispersas está na Illa Tromelin. A sede do xefe de distrito atópase fora do TAAF, en Saint Pierre na illa de Reunión.3 A estación principal do Territorio é Martin-de-Viviès na Illa de Ámsterdam. A capital e a sede do administrador territorial atópase fora do TAAF, en Saint Pierre, na Illa da Reunión.
300px
Notas
Categoría:Francia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia