São Carlos é unha importante cidade industrial brasileira, do estado de São Paulo. Nela están modernas industrias mecánicas, de alta tecnoloxía, equipamentos eléctricos e electrónicos, ademais dun moderno e diversificado comercio e servizos.

O seu desenvolvemento comezou no século XIX coa construción do ferrocarril que o ligou á cidade de São Paulo. Nesa época, instaláronse as primeiras industrias, a cidade tomou un grande impulso.

O poboamento e a media distancia da capital paulista atrairan máis empresas e máis xente para poboar a cidade. Hoxe, ademais da Estrada Washington Luis, hai tamén a Estrada Anhanguera e Bandeirantes, ligandoa a São Paulo. A cidade posúe tamén un bo sector hoteleiro e alberga universidades, moitas escolas públicas e particulares, centros de lecer e cultura e dous shopping centers de medio porte.

Sao Carlos