30 Seconds to Mars é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente dos Ánxeles, formada no ano 1998 e liderada polo actor Jared Leto. Completan a formación o irmán de Jared Shannon Leto e Tomo Miličević.

Historia Creada en 1998 por Jared Leto e o seu irmán Shannon, 30 Seconds to Mars comezou a súa andaina como un pequeno proxecto familiar. As cousas comezaron a andar rápido e Matt Wachter uniuse á banda como baixista e teclista. Despois de que pasasen dous guitarristas pola banda, os tres fixéronlle unha audición a Tomo Miličević para completar a formación.

O nome da banda está sacada dunha tese escrita por un antigo mestre de Harvard. Un dos capítulos tiña o título thirty seconds to mars ("trinta segundos a marte") e fala sobre o rápido desenvolvemento da tecnoloxía que pon á humanidade a trinta segundos de marte.

Malia que Leto é un famosos actor de Hollywood, orixinalmente prefería non usar esa información para promover a banda, e de feito a banda adoitaba rexeitar tocar en locais onde usasen esa fama para promoveren os concertos.

O primeiro álbum de 30 Seconds to Mars, co mesmo nome que a banda, foi editado no ano 2002. O seu segundo traballo, A Beautiful Lie, editouse o 30 de agosto do 2005.

O 31 de agosto do 2006 a banda gañou o premio MTV2 Award por "The Kill" nos MTV Video Music Awards, un dos seus dous nomeamentos. O outro nomeamento foi para o mellor vídeo de rock, premio que acabaría sendo para "Miss Murder" de AFI.

En outubro a banda comezou a súa xira Welcome to the Universe, patrocinada pola MTV2. Na mesma foron acompañados polas bandas Head Automatica, The Receiving End of Sirens, Cobra Starship e Rock Kills Kid entre outras. O 20 de novembro a MTV2 estreou o vídeo de "From Yesterday"; sendo o primeiro vídeo de rock estadounidense gravado enteiramente na República Popular da China.

O 29 de abril do 2007 a banda actuou nos MTV Australia Video Music Awards, onde fora nomeada para tres premios, gañando finalmente os galardóns ao "Mellor vídeo de rock" e "Vídeo do ano" por "The Kill".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo 30 Seconds to Mars 2002 Immortal, Virgin A Beautiful Lie 2005 Immortal, Virgin This Is War 2009 Virgin, EMI Love, Lust, Faith and Dreams 2013 Virgin, Universal America 2018 Interscope RecordsIt's the End of the World but It's a Beautiful Day2023Concord

Sinxelos "Capricorn (A Brand New Name)" - 2002. "Edge of the Earth" - 2003. "Attack" - 2005. "The Kill" - 2006. "From Yesterday" - 2006. "A Beautiful Lie" - 2007. "Kings and Queens" - 2009. "This Is War" - 2010. "Closer to the Edge" - 2010. "Hurricane" - 2010. "Up in the Air" - 2013. "Do or Die" - 2013. "City of Angels" - 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1998 Categoría:Artistas de Virgin Records