John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 8 de agosto de 1941,Conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017) é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.
Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.
Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'.
Traxectoria Ruherford fixo os seus primeiros estudos na Haberdashers' Aske's Boys' School (unha escola privada). Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Oxford: comezou os seus estudos de castelán no Wadham College, antes de ir, en 1969 ao Saint Anthony's College, aínda que xa empezara ditando un relatorio no Queen's College o ano anterior.Rutherford, un inglés en la RAG Diario El Correo Gallego, 5-10-2008.
Doutorouse pola Universidade de Oxford en 1969 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).Recensión por John S. Brushwood en Revista Hispánica Moderna, 36 (1/2) (1970/1971), pp. 72-76. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.
Foi Praelector en español,O Praelector é unha figura académica tradicional nas universidades de Cambridge e Oxford. O seu cometido é diferente nas dús universidades. En Oxford, pode ser un Fellow (literalmente, "compañeiro", "camarada"), en sentido amplo, é alguén que é un igual ou un camarada. O termo, usado frecuentemente en contextos académicos, é un integrante dun grupo de elite que traballan conxuntamente como pares na busca do coñecemento) un profesor doutor) dun College (un dos Colexios Maiores de Universidade), pero tamén pode ser un tutor da Universidade responsábel dun colexio de honores en ausencia dun compañeiro. Laming Resident Fellow e secretario do Laming Committee.
Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, alí creou, en 1991, o Centro de estudos galegos desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.
Así mesmo, coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou unha escolma de textos de Méndez Ferrín (Them and other storys, 1996) e Cousas de Castelao (Things, 2000). Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. Neste Obradoiro, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, entre outros.
Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
No mundo do hispanismo é coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da literatura española: La Regenta e O Quixote.El traductor John Rutherford aborda una nueva versión inglesa de 'El Quijote' Diario El País (España), 15-05-1989.
No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago,Sinopse. posteriormente traducida ao castelán, Las flechas de oro (León: Lobo Sapiens, 2013).
É habitual velo en Ribadeo, onde coñeceu a súa esposa, Tita, en 1959, e coa que casou, na igrexa parroquial, en 1964.Hispanista británico que vai ser nomeado fillo adoptivo de Ribadeo Diario El Progreso, 31-08-2012. Pasa moitos dos seus veráns nesa vila. Alí participa na rondalla estival e foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose na vila dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.
Principais obras literarias Obras propias 1974 - Leopoldo Alas: La Regenta. Londres: Thamesis Books. ISBN 1988 - La Regenta y el lector cómplice. Murcia: Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-125-6. 2001 - Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-187-4. tamén existe versión en español: Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. 2008 - O fermoso sorriso do profeta Daniel. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-72-4. 2016 - The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5
Obras editadas 1991 - Actas do I Simposium de estudios galegos = Proceedings of the 1st Oxford Conference on Galician Studies. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística. 2005 - The Blue Papers. Oxford: Oxford Centre for Galician Studies. (1 vol.) 2007 - Galician Review. Oxford, Birmingham: Oxford Centre for Galician Studies, Birmingham Centre for Galician Studies. (6 vols.)
Traducións 1996 - Them and other stories de Xosé Luís Méndez Ferrín. Wales: Planet. ISBN 0-9505188-4-0 2002 - Galicia de Ramón Piñeiro. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-575-8 2003 - Don Quixote de Miguel de Cervantes Saavedra. Nova York: Penguin Books. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-243723-0. 2005 - La Regenta de Leopoldo Alas. Nova York: Penguin Books. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-044346-2. 2014 - Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Sofía: Small Station Press. ISBN 0-9505188-4-0 2016 - As traducións de sonetos españois do Século de Ouro contidos en The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5
Obras de creación 2004 - As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-757-9. 2013 - La flechas de oro. León: Editorial Lobo Sapiens.El novelista (Manuel Rivas) presentó Las flechas de oro, del inglés John Rutherford Diario de León, 18-07-2013.
Outros Xurado dos Premios Nacionais da Cultura 2008.
Honras e distincións Premio Nacional de las Artes 1984 En 1998 foi galardoado pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao. O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, cultura e literatura galegas. O 4 de outubro de 2008 ingresou na Real Academia Galega como académico de honra., coa lectura do discurso O fermoso sorriso do profeta Daniel, respondido por Antón Santamarina O 23 de marzo de 2012 foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. O 31 de agosto de 2012 recibiu o título de fillo adoptivo de Ribadeo.Nomeados fillos predilectos e adoptivos de Ribadeo a Víctor Moro, John Rutherford e José Calavera Crónica3. A Mariña. O 24 de abril de 2014 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Oviedo.El Consejo de Gobierno aprueba el nombramiento como Doctor Honoris Causa por la Universidad de Oviedo de John Rutherford Web da Universidad de Oviedo, 17-06-2013.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Liñeira, María e Dolores Vilavedra (2007): Mar por medio. John Rutherford. Trasalba, Amoeiro (Ourense): Fundación Otero Pedrayo. ISBN 978-84-611-7618-2.
Outros artigos Asociación Internacional de Estudos Galegos Centros de estudos galegos
Ligazóns externas
Foncebadón e a Cruz de Ferro Rutherford, John: As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia, 2004. pp 173–176. ,
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Hertfordshire Categoría:Galicianistas Categoría:Hispanistas Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Tradutores de Inglaterra Categoría:Críticos literarios Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Premio Trasalba Categoría:Medallas Castelao Categoría:Ribadeo Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade da Coruña Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes