Camberra () é a capital de Australia, e cunha poboación de 410 300 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280 km ao suroeste de Sidney, e 650 km ao nordeste de Melbourne. A territorio de Camberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Camberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Camberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola primeira e segunda guerra mundial e a Gran Depresión, Camberra emerxeu como unha cidade próspera trala fin da segunda guerra mundial.

miniatura|dereita|300px|Parlamento de Australia.

Como sede do goberno de Australia, en Camberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Camberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais. miniatura|dereita|300px|Academia das Ciencias

Camberra divídese en distritos: North Canberra, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios Woden Valley, construción desde 1963, 13 barrios Belconnen, construción desde 1967, 25 barrios Weston Creek, construción desde 1969, 8 barrios Tuggeranong, construción desde 1974, 19 barrios Gungahlin, construción desde os anos 1990, 18 barrios mais só 12 desenvolvidos ou en desenvolvemento

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Real Casa da Moeda de Australia

Ligazóns externas Páxina oficial de Camberra

Categoría:Cidades de Australia Categoría:Capitais de Oceanía