Aisne (02) é un departamento francés situado no noroeste de Francia, que pertence á rexión do Alta Francia. O seu nome vén do río Aisne, o cal atravesa o departamento.
Historia O departamento de Aisne é un dos 83 departamentos formados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Aisne creouse a partir da segregación das provincias de Île-de-France, Picardía, e da Champagne.
A maioría dos bosques da zona, foron destruídos durante a segunda guerra mundial. A ofensiva francesa na Chemin des Dames na primavera de 1917 é coñecida ás veces como a Segunda batalla de Aisne.
Xeografía Aisne bordea a rexión de Ardenas e Bélxica polo nordeste. O río Aisne percorre o departamento de leste a oeste, onde se une ao río Oise. A paisaxe do departamento está dominada polas rochas. Destacan sobre todo as paisaxes rochosas de Laon e de Chemin des Dames.
As principais cidades de Aine son: Laon, pob. 26.000 (capital) Saint-Quentin, pob. 60.000 Soissons, pob. 30.000 Tergnier, pob. 15.000 Château-Thierry, pob. 14.967
Demografía
Clima Aine ten unha media de precipitacións de entre 500 e 750 mm ao ano.
Economía A agricultura domina a economía de Aisne. Destacan especialmente os cereais e a remolacha. A seda, o algodón, e a la destacan en Saint-Quentin. Saint-Gobain é coñecida pola súa produción de espellos, que vén xa dende o século XVII. Guise é o centro agrícola da parte setentrional de Aisne.
Cultura Durante a segunda guerra mundial destruíronse numerosas construcións de interese arquitectónico. Das construcións que sobreviviron, as igrexas medievais de Laon, Braine, e Urcel son as máis importantes. Tamén destaca o castelo de La Ferté-Milon, en ruínas na actualidade.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da prefectura Páxina web do Departamento Cámara de comercio e industria de Aisne Agricultura en Aisne Axencia de desenvolvemento de Aisne Sitio oficial de turismo de Aisne
Categoría:Departamentos de Alta Francia