Furafollas Agrupación Teatral ou FAT é un grupo de teatro afeccionado nado en 1997 no seo da Universidade de Barcelona e radicado na cidade de Barcelona. Realiza montaxes en galego e en catalán, principalmente.
Actividade A compañía xorde por iniciativa de Anxo Baranga, o seu director, e outras persoas vinculadas ao teatro afeccionado e ao activismo cultural galego en Cataluña. Furafollas ten colaborado coa Universidade de Barcelona, a Universidade Autónoma de Barcelona, a Galería Sargadelos, o Centro Galego de Barcelona, ou os concellos de Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat ou Castelldefels, entre outras entidades. Ten participado no Festival Internacional de Teatre al Carrer de Viladecans, nas Xornadas de Teatro Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo) e en diversas maratóns de contos. Desenvolve as súas actividades en diversos xéneros, dende montaxes teatrais a performances e obradoiros. A partir de 2005 o grupo ofreceu unha programación estable de contacontos titulada Os Troleiros de Provença. A escenificación de contos fíxose en galego e en catalán, sempre cun fío condutor. Repetiron a experiencia con Os Troleiros de Provença: Mulleres no Tempo (2006). En 2008 fan a lectura dun texto de Marcos Abalde, Canibalismo.
Participa en diversas mobilizacións a prol da cultura galega, o activismo social e nacionalista, como as accións de animación para as campañas "Defensem la llengua" (2010) e “Queremos galego”, diversas performance co gallo do 17 de maio, ou “El Castell del capitalisme, CaCa” (2011), unha acción concibida para o movemento de indignación cidadá do 15-M. Pola súa adaptabilidade e capacidade creativa, convértese nun núcleo de referencia na produción dramática na emigración galega en Cataluña feita en galego. "Somos unha especie de factoría de produtos culturais e non nos baseamos tanto na calidade dramática do espectáculo como en transmitir ese trasfondo cultural", sinala Anxo [Baranga]. A actividade da agrupación é incesante; só no último ano, o director calcula que fixeron unha media dun espectáculo cada 15 días. O segredo está no desexo de divertirse, mais tamén na súa versatilidade. [tradución do español]Ademais de Anxo Baranga, forman parte da agrupación o escritor e crítico de arte Lito Caramés, a regueifeira Paola Beiro, a poeta Eva Méndez do Roxo, Ana Escourido, o humorista e actor Alberte Montes, Xosé Manuel Conde 'Xepe' e Ana Belén Real (ambos, integrantes da rede de emisións galegas ERGAC e do boletín A Micro Pechado), David Magdalena,Monica Claver,Leticia Rey,Daniel Regueiro,Blanca Cotado y Jose Luis Ouro
Principais obras representadas
Adaptacións
Zardigot, de Euloxio R. Ruibal Estrema, de Raúl Dans O achado do Castro, de Manuel Núñez Singala Minia (2010), adaptación e dramaturxia de Anxo Baranga a partir do texto de Lugrís Freire. Memorias dun neno labrego (2010), adaptación teatral a partir da novela de Xosé Neira Vilas. Bucaneras, bucanord (2010), adaptación de fragmentos a partir da novela Pirata de María Reimóndez.
Produción propia Corgomo 2008 A máquina do Sr. Malagaita Llasforafu Circo na rúa O show de Kinsey Revolução (2009) Historias do Raval O castelo da lingua galega Marato de contes de Hospitalet Semana da Poesia en Terrassa Guateque anos 60 Performance poético-erótica E agora pasa un tren Merenda cos Furafollas Versoslabios e merendas Vesania Fronteira Canto conto! Contos en galego nas esolas de Cataluña Colaboracion Letras Galegas
AMIGUIÑOS
Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña Centro Galego de Barcelona Eva do Roxo Hermanager O Catalizador, de Anxo Baranga Pejotas Teatro Aficionado Teatro O Bordelo A ludotega Ateneu Roig Anin ACGB Munt de Mots
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Anxo Baranga Eva Méndez doRoxo
Ligazóns externas
Páxina web de Furafollas Agrupación Teatral Furafollas Agrupación Teatral no Facebook https://www.youtube.com/user/furafollasteatro/featured
Categoría:Compañías de teatro