miniatura|230px|Eretmochelys imbricata. miniatura|230px|Caretta caretta.
Os quelónidos ou queloníidos (Cheloniidae) son unha familia de tartarugas mariñas (na superfamilia dos quelonioideos), que inclúe cinco xéneros.
A maioría das súas especies áchanse en perigo de extinción.
Quelónidos (Cheloniidae) non é exactamente sinónimo de "tartaruga mariña", xa que existe unha especie de tartaruga mariña que non pertence á familia dos quelónidos, que é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), da familia Dermochelyidae. Tartaruga mariña é sinónimo de quelonioideos.
Clasificación Taxonomía A familia dos quelónidos está dividida en tres subfamilias, con 12-13 xéneros, seis deles extintos e seis ou sete especies actuais (segundo os autores):WikispeciesNicholls, E. L. (1988): "New material of Toxochelys latiremis Cope, and a revision of the genus Toxochelys (Testudines, Chelonioidea)". Journal of Vertebrate Paleontology 8 (2): 181-187.
Familia Cheloniidae Subfamilia Carettinae Xénero Caretta Caretta caretta Xénero Lepidochelys Lepidochelys kempii Lepidochelys olivacea Subfamilia Cheloniinae Xénero Chelonia Chelonia mydas Chelonia agassizii (status taxonómico discutido; agora considérase dentro de C. mydas) Xénero Eretmochelys Eretmochelys imbricata Xénero Natator Natator depressus Subfamilia Toxochelyinae † Xénero Ctenochelys † Xénero Osteopygis † Xénero Porthochelys † Xénero Prionochelys † Xénero Thinochelys † Xénero Toxochelys †
Filoxenia Cladograma dos principais grupos evolutivos Mikko's Phylogeny Archive. Testudinata . segundo Meylan & Ganko, 1988 [de Meylan & Ganko, 1997 e Meylan, 2001] e Anquetin, Barrett, Jones, Moore-Fay & Evans, 2009:
--o Procoelocryptodira |--o Chelonioidea Oppel, 1811 | |--o | | |--o †Toxochelyidae | | `--o Cheloniidae | | |--o Caretta Linné, 1758 | | |--o Natator Garman, 1880 | | `—o Chelonini | | |--o Eretmochelys (Linné, 1758) | | `--o | | |--o Lepidochelys Girard, 1858 | | `—o Chelonia Linné, 1758 | `--o Dermochelyidae (a tartaruga de coiro) `—o Chelomacryptodira, é dicir, os outros criptódiros
En Galicia
Ás veces, extraviadas, son ocasionais visitantes das nosas augas varias especies de quelónidos:Galán (1993), pp. 267-283. Tartaruga mariña común (Caretta caretta). Tartaruga mariña carei (Eretmochelys imbricata). Tartaruga mariña verde (Chelonia mydas). Tartaruga mariña olivácea (Lepidochelys olivacea). Tartaruga mariña pequena (Lepidochelys kempii).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Galán Regalado, P. e Fernández Arias, G. (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Ed. Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
Outros artigos Quelonios Quelonioideos
Ligazóns externas Tauchen und Schnorcheln mit Schildkröten rund um Dimakya Island, Apo Reef und Sangat Island (Buceando con tartarugas nos arrecifes das illas Dimakya e Sangat, provincia de Palawan, Filipinas) Vídeo. Consultado o 25/10/2012.
Categoría:Tartarugas