, tamén traducida ó galego como A guerreira Lúa, é unha serie xaponesa de manga escrita e ilustrada por Naoko Takeuchi. Foi convertida en serie anime por Nakayoshi entre 1991 e 1997. Os 52 capítulos individuais foron publicados en 18 volumes tankōbon. A serie conta as aventuras dunha moza de instituro chamada Usagi Tsukino que se transforma na Guerreira Lúa para buscar un artefacto máxico coñecido como o . Durante a súa busca, lidera un grupo diverso de compañeiras, as que loitan contra personaxes malvadas que queren roubar o Cristal de Prata e destruír o sistema solar.
Os 18 volumes do manga foron adaptados nunha serie anime producida por Toei Animation. A serie foi emitida no Xapón entre 1992 e 1997 durante cinco tempadas, e tivo tres filmes, un especial de televisión, e tres curtametraxes producidas no mesmo período. Unha serie de televisión de acción en vivo, Pretty Guardian Sailor Moon emitiuse entre 2003 e 2004 e un reboot do anime, titulado Sailor Moon Crystal comezou a emitirse en 2014. Numerosas compañías desenvolveron produtos de mercadotecnia baseados na serie, incluíndo novelas lixeiras, cartas coleccionables, figuras de acción, producións musicais de teatro e varios videoxogos. En Galicia, Sailor Moon foi emitido durante a década dos noventa pola canle autonómica TVG.
Dende a súa estrea, Sailor Moon recibiu a aclamación da crítica e converteuse nun dos mangas e animes máis populares de todo o mundo. A serie completa vendeu máis de 35 millóns de copias en todo o mundo, converténdose nunha das producións shōjo máis vendidas de tódolos tempos. Os críticos recoñeceron a arte, a caracterización e o humor da historia. O anime fíxose moi popular en varios países e é un dos responsables da popularización da animación xaponesa na cultura occidental.
Sinopse Certo día, Bunny Tsukino, unha moza normal algo choromicas e distraída, recibe a visita dunha misteriosa gata chamada Lúa, a quen axudara esa mesma mañá de camiño á escola, e esta gata lle di que ela está destinada a converterse na Guerreira Lúa, unha gardiá co cometido de atopar e protexer á Princesa da Lúa e de buscar ó Cristal de Prata, tendo tamén que descubrir polo camiño a identidade das outras guerreiras que a axudarán nesa aventura.
Personaxes Heroínas esquerda|24px é a principal protagonista e heroína da serie, unha estudante que obtén a habilidade de se transformar na famosa xusticeira protectora do amor e a xustiza, a . Se ben nun principio Usagi non era máis que unha adolescente preguiceira, inxenua e choromicas, co tempo vólvese máis valente, decidida e resolta. Ademais, a súa natureza xentil xunto co seu bo corazón convértena na portadora e gardiá do poderoso Cristal de Prata. Voz en galego: Montse Davila
esquerda|25px é unha moza intelixente cun coeficiente intelectual de 300, quen de convertrse na . A xusticeira do coñecemento, pode controlar a auga nos seus estados líquido, sólido, gasoso, e mesmo a néboa. Caracterízase pola súa timidez e a súa paixón por estudar, así como tamén pola necesidade de protexer ós demais. O seu soño é seguir os mesmos pasos que a súa nai no estudo da medicina. É a máis analítica do grupo. Voz en galego: Carolina Vázquez
esquerda|25px é unha decidida miko que ten a capacidade de se converter na , a guerreira das chamas e a paixón. Rei ten habilidades de percepción extrasensorial. É quen de recoñecer forzas malignas ó seu arredor, debilitalas ou rexeitalas, ademais de poder manipular o lume. Mentres no manga Rei é unha rapaza seria e tranquila, a súa versión animada é máis temperamental, impulsiva e orgullosa; que rifa a miúdo con Usagi, mais en realidade quérea e admíraa moito. Voz en galego: Beatriz García
esquerda|25px é unha rapaza de estatura e fortaleza física superior á media que pode converterse na , guerreira que controla os lóstregos e as árbores. Ó comezo, Makoto semella ser unha rapaza "masculina" até que se revela que sente predilección pola cociña e a xardinaxe. Os seus pais morreron nun accidente aéreo, tralo cal Makoto tivo que aprender a vivir e coidarse soa. É unha rapaza sentimental, pero forte, que ten o costume de ver en cada rapaz que coñece un parecido co seu antigo senpai.
esquerda|25px é unha namoradiza e alfúfara rapaza que comeza a súa traxectoria de xusticeira primeiro co nome de Guerreira V e despois como , que ten poderes afíns ó amor e ó romance. Moi semellante a Usagi en aparencia (loira, delgada) e en personalidade (folgazana e amante dos videoxogos), é membro do club escolar de voleibol e devece por converterse nunha icona da cultura pop. Minako é, á súa vez, a líder das xusticeiras que protexen a Sailor Moon e a primeira das protagonistas en converterse nunha guerreira grazas ó seu fiel compañeiro e amigo, Artemis.
esquerda|25px é un personaxe que primeiro é presentada na súa identidade de . Posúe poderes afíns ó inframundo e a dimensión do tempo. Amiga de Chibiusa, dedícase a coidar da "Porta Espazo-Temporal", unha misteriosa estrutura que permite viaxar ó pasado e ó futuro. A súa misión consiste en non permitir que ninguén pase a través desta porta para viaxar sen permiso, ou causar cambios imprevistos na historia. Semella ser unha muller máis madura, severa e solitaria que as demais protagonistas.
esquerda|25px , unha estudante de secundaria moi delicada e unha talentosa violinista que pode converterse en . Pode controla as augas profundas e posúe unha grande afinidade cos océanos. Ó igual que Rei, posúe a habilidade de percepción extrasensorial, que comeza a "canalizar" a través do seu talismán, o Espello de Augas Profundas. Antes de coñecer a Usagi e as demais, Michiru traballaba pola súa conta, ó igual que Minako e Setsuna, até que coñeceu a Haruka, quen se converteu na súa principal compañeira e mesmo na súa parella romántica.
esquerda|25px , unha estudante de secundaria e prodixiosa corredora de carreiras profesional. Ten moitas admiradoras e viste e fala coma se fose un home. Pode transformarse na e ten poder sobre o ar, sobre o ceo e a dimensión do espazo, e pode correr "tan axiña coma o vento". Aínda que se encontra nunha relación de parella con Michiru, gústalle facelas beiras a Usagi e a outras rapazs.
esquerda|25px é unha rapaza lóxica e formal e a máis pequena do grupo das gardiás. É unha moza moi estraña que ten o don de curar ós feridos coas súas mans, mais pola contra ela mesma ten unha saúde moi delicada. Morta anos atrás nun accidente provocado polo seu pai, volve á vida grazas a un pacto que este fixo cun demo, pero portando agora dentro dela a semente do enviado do mal, o que fai que teña unha personalidade bipolar. Axiña se descobre que ela pode transformarse na , a última guerreira do equipo, que posúe afinidades co silencio e a fin do mundo, ademais da capacidade de destruír un planeta.
Outros é un rapaz que se converte no heroe , un enmascarado vestido de frac que adoita aparece para axudar a Sailor Moon durante as batallas. Posúe unha grande habilidade para usar o seu sombreiro de copa, caxato e demais accesorios como armas de combate, ademais dunha capacidade para a premonición a través dos soños. Malia que Mamoru é un par de anos maior que Usagi, ten unha relación romántica con ela.
, é unha nena de cabelo rosado que ó comezo vai en cuarto grao de primaria, se ben é demasiado baixa para a súa idade. Apareceu como unha pequena e misteriosa visitante que se facía pasar por unha curmá de Usagi. Despois descubriuse que en realidade procede do futuro século XXX, e pode converterse nunha porque é a futura filla de Usagi e Mamoru. A súa relación con Usagi ó longo da serie baséase no agarimo que se teñen nai e filla e a rivalidade pola atención de Mamoru.
Produción Antes da creación do manga de Sailor Moon, Takeuchi publicou Codename: Sailor V, a cal se centraba arredor da personaxe de Minako Aino ("Sailor Venus"). Ela concibiu a idea a partir do seu desexo de crear unha serie de rapazas fermosas no espazo exterior, e o seu editor pediulle que as vestise co uniforme escolar xaponés, coñecido como Sailor fuku; o cal foi empregado como modelo para deseñar o uniforme das xusticeiras. Cando se propuxo a adaptación ó anime de Sailor V, o concepto foi modificado para que a protagonista de devandita historia se convertese en só un membro máis dun equipo de guerreiras Sailor. A serie manga resultante (Sailor Moon) converteuse nunha fusión do xénero máxico de rapaza popular e as series Super Sentai, das cales Takeuchi era moi afeccionada. Á vez, a autora atopou a súa inspiración na incorporación de aspectos da astronomía, a astroloxía, a mitoloxía grega, a mitoloxía romana, a xeoloxía, os temas elementais do Xapón, a moda adolescente, e as falcatruadas das colexialas.
As conversas entre Takeuchi e os seus editores previron inicialmente só unha tempada para a historia, a cal foi desenvolvida en numerosas reunións un ano antes da súa publicación. Pero unha vez rematado o traballo, os editores preguntáronlle a Takeuchi se podería continuar. Ela decidiu crear catro tempadas máis que foron a miúdo publicadas case ó mesmo tempo coa emisión da serie de anime da década de 1990, a cal tiña as cinco tempadas correspondentes e era transmitida con só un mes ou dous de atraso con respecto ó manga. Takeuchi tamén declarou a súa impresión de que, por mor de que o persoal de produción da mesma estaba na súa maioría composto por homes, a versión do anime posúe «unha leve perspectiva masculina».
Filmes Esta táboa é unha pequena lista dos filmes que se fixeron sobre Sailor Moon.
{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !width="30"|# !width="200"|Saga !width="200"|Título en galego !width="100"|Duración !width="100"|Ano da estrea |- |1 |Sailor Moon R |A promesa da rosa |60 minutos |1993 |- |2 |Sailor Moon S |O amor da princesa Kaguya |60 minutos |1994 |- |3 |Sailor Moon Super S |O milagre do buraco dos sonos |60 minutos |1995
Sailor Moon con actores reais
Sailor Moon Live Action é unha serie con actores reais de 49 episodios (ou actos) e 3 especiais que preparou no ano 2003 Tokyo Broadcasting System en colaboración directa con Naoko Takeuchi, pois esta, longo tempo despois de rematar o manga e o anime, desexaba volver contar as aventuras das súas guerreiras dun xeito diferente.
A historia, en xeral, e basicamente a adaptación da primeira saga de Sailor Moon e as tramas son, a grandes trazas, máis ou menos as mesmas aínda que con lixeiros cambios argumentais.
Dirección: Kenzo Maihara, Nobuhiro Suzumura, Masataka Takamaru, Ryuta Tazaki Guionistas: Yasuko Kobayashi, Naoko Takeuchi Produtores: Shinya Maruyama, Takeshi Okazaki, Yuuba Sakata, Shinichiro Shirakura, Toshiyuki Takezawa, Koichi Yada Música: Hitoshi Haneba Elenco:
{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !Personaxe !Actor |- |UsagiAínda que en Galicia fora trocado por Bunny, Usagi é o verdadeiro nome que se lle deu no Xapón a esta personaxe. Tsukino |Miyuu Sawai |- |Ami Mizuno |Chisaki Hama |- |Rei Hino |Keiko Kitagawa |- |Makoto Kino |Myuu Azama |- |Minako Aino |Ayaka Komatsu |- |Mamoru Chiba |Jyoji Shibue |- |Lúa |Keiko Han (voz) / Rina Koike (humana) |- |Artemis |Kappei Yamaguchi (voz) |- |Raíña Beryl |Aya Sugimoto |- |Jadeite |Jun Masuo |- |Nephrite |Hiroyuki Matsumoto |- |Kunzite |Akira Kubodera |- |Zoicite |Yoshito Endoh |- |Naru Osaka |Chieko Kawabe |- |Motoki Furuhata |Masaya Kikawada |- |Hina Kusaka |Moeko Matsushita |- |Mio Kuroki |Alisa Durbrow |- |Ikuko Tsukino |Kaori Moriwaka |- |Shingo Tsukino |Naoki Takeshi
Especiais: Acto especial: A historia comeza 4 anos despois de derrotar a raíña Beryl. Neste especial vemos a ansiada voda entre Usagi e Mamoru e o enfrontamento das guerreiras contra Mio Kuroki, unha misteriosa muller que se proclama nova raíña do Reino da Escuridade. Acto cero: Acto especial que conta como Minako Aino coñece a súa condición de guerreira grazas a Artemis. Super leccións de baile: As mozas ensínanlle a Lúa (humana) a bailar as canciones da serie.