O rolieiro europeo (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa.

Distribución Esténdese desde a Península Ibérica e Marrocos no oeste ata Asia Oriental. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África.

En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.

Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras.

Descrición Esta especie destaca no seu voo pola súa brillante cor azul que contrasta coas plumas negras das ás. Os dous sexos son similares, pero os xoves presentan unha cor máis clara que os adultos.

O canto deste paxaro é unha sucesión rápida de cantares curtos, similar a un instrumento infantil que provoca un ruído semellante ao dunha carraca, aínda que en ocasións parece cantar como un corvo común.

Acostuman aniñar nas árbores ou entre os penedos, e a posta consiste entre 4-6 ovos. miniatura|esquerda|270 px|Distribución en verán e inverno miniatura|Coracias garrulus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Corácidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné