A osga común,A. Sanjuán, M. A.; Fernández, M. P. Jiménez e P. Brañas (1991): Vocabulario das Ciencias Naturais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-4530-262-0.Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos". Cadernos de Lingua, 13. Real Academia Galega, páx. 79.VV. AA. (2012): Vocabulario forestal, páx. 152. Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo. ISBN 978-84-9887-920-9 ladra, ou lasca, (Tarentola mauritanica) é un pequeno réptil da familia dos xecónidos, que vive en gran parte dos países mediterráneos.

En Galicia localízase en diversas zonas do suroeste. Tradicionalmente, ata os anos 90, estaba presente unicamente nas comarcas de Verín e de Valdeorras.Galán Regalado, P. e Fernández Arias, G. (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6.. Porén, nas últimas décadas, quizais grazas ao camiño de ferro como vector de propagación, tense rexistrado en Ourense (nas proximidades da estación do tren) e en Monforte, importante nó ferroviario.

Porén, no resto da Península Ibérica é común, excepto na cornixa cantábrica, sendo denominada salamanquesa en Castela, dragó/dragonet nos Países Cataláns e osga-moura ou osga-comum en Portugal.Almaça, C. (1961): "A faunna herpetológica da Serra do Gêres". Naturalia, 9: 62-65.<ref>Almaça, C. (1975): "O Parque Nacional de Peneda-Gêres. Anfibios e Répteis". Gazeta Móbil Lisboa, 188: 1-5.</ref>

Etimoloxía

O nome científico está composto por:

Tarentola, que se relaciona coa denominación común en francés tarente, que é unha deformación do nome vernáculo celta "darant", o cal estaba aínda en curso na Idade MediaFonte: Manuscrits latins du 14° s. Wolfenbuttel, Paris et Florence; St H de B..

Mauritanica, que fai referencia ao antigo territorio da Mauretania ao norte de África, lugar da súa descubertaJ. Lescure, B. Le Garff. L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles. Belin Éveil nature, 2006..

Non sendo unha especie común no territorio galego é practicamente descoñecida unha denominación a nivel popular. Na comarca de Verín recibe o nome local de "ladra" Constantino García define a ladra como "variedad de lagarto de cabeza aplastada y poca movilidad en extremidades" en Glosario de Voces Galegas de Hoxe. Anexo 27 de Verba, 1985. Anuario Galego de Filoloxía. Secretariado de Publicacións da Universidade, Xunta de Galicia (Consellería da Presidencia), Santiago de Compostela. O informante foi Manuel Taboada Cid. e nesta zona do sur de Ourense recolleuse tamén a forma "lasca", con aínda moita menor difusión."Nomes de animais e plantas en galego: osgas e salmantesas", en Natureza galega É por iso que se vén tomando do portugués o nome común "osga"Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 76. Real Academia Galega., con orixe no árabe usga.FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.1 236 A denominación "salmantesa", recollida na guía de Anfibios e réptiles de Galicia de Xerais, non ten ningunha referencia que acredite o seu uso tradicional no galego. Parece ser, de feito, unha variante local castelá do nome "salamanquesa".

Descrición Os adultos poden chegar a medir de 5 a 7 cm, máis outro tanto ou pouco máis o rabo. O lombo, as patas e o rabo teñen vultos cónicos prominentes. O seu corpo é robusto, esmagado, e a súa cabeza grande e ancha, triangular e separada do corpo por un pescozo marcado. Cando perde o rabo pode rexeneralo, aínda que o novo é máis liso e carece de vultos. A súa cor é dun gris pardo ou marrón, con variacións desde o gris abrancazado ata o case negro, con pintas máis claras e escuras; o ventre é de cor abrancazada. A cor cambia de intensidade dependendo da luminosidade que recibe a súa pel: cando se atopa activa durante o día a cor é máis escura que durante a noite.

A súa boca é obtusa, e os ollos grandes, sen pálpebras e pupila vertical. Os dedos, cinco en cada extremidade, teñen protuberancias laminares laterais e inferiores que lle proporcionan certa adherencia para arruñar e desprazarse por superficies verticais (mesmo sobre vidros).

Hábitat e comportamento Normalmente habita en edificios, ruínas, penedos e campos rochosos, troncos de árbores etc., distribuíndose por hábitats moi variados.

As osgas son animais nocturnos, aínda que en ocasións se mostran activas cara ao solpor ou incluso durante o día, especialmente nos días soleados da fin do inverno. Gústanlles os lugares soleados preto dos seus agochos.

Aliméntanse principalmente de insectos nos meses calorosos do ano e a miúdo atópanse cazando os insectos nocturnos que son atraídos polas luces, lámpadas etc.

Chocan 2 ovos case esféricos dúas veces ó ano, ó redor de abril e xuño. Despois de catro meses nacen as pequenas osgas con menos de 5 cm de lonxitude. Medran moi lentamente e viven ata 8 anos en catividade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía GALÁN REGALADO, PEDRO e FERNÁNDEZ ARIAS, GUSTAVO: (1993): Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6. Outros artigos Lista de réptiles de Galicia

Categoría:Lagartos