miniatura|Michael Collins dirixíndose á multitude en Cork no día de San Patricio de 1922. Michael John ("Mick") Collins (en irlandés Mícheál Seán Ó Coileáin), nado en Sam's Cross (Condado de Cork) o 12 ou o 16 de outubro de 1890 e finado o 22 de agosto de 1922, foi un líder revolucionario irlandés, Ministro de Finanzas na República de Irlanda, Director de Intelixencia do IRA, e membro da delegación irlandesa durante as negociacións do Tratado Anglo-Irlandés, tanto como Presidente do Goberno Provisional e como Comandante en Xefe do Exército Irlandés.
Foi asasinado en agosto de 1922, durante a Guerra Civil Irlandesa. A pesar de que a maioría dos partidos políticos irlandeses recoñece a súa contribución á fundación do estado moderno irlandés, os membros e os simpatizantes do Fine Gael gardan a súa memoria con particular estima, téndoo como pai fundador do seu movemento.
Traxectoria Naceu preto de Clonakilty. Aínda que moitas biografías dan como data de nacemento o 16 de outubro de 1890, a súa lápida di que naceu o 12 de outubro de 1890.
A súa familia, muintir Uí Choileáin, fora unha vez a dos señores de Uí Chonaill, preto de Limerick, pero como moitos irlandeses, foran desposuídos e reducidos ó nivel de simples granxeiros. A súa granxa de 145 acres (59 hectáreas) fíxolles máis acomodados que a maioría dos granxeiros irlandeses de finais do século XIX. A irmá máis vella de Michael, Helena, fíxose monxa, e foi coñecida como Irmá Mary Celestine; foi profesora en Londres.
O seu pai, tamén Michael Collins, fora membro do movemento republicano feniano na súa xuventude, pero deixouno para traballar na granxa. O ancián Collins tiña sesenta anos cando casou con Marianne O'Brien, de vinte e tres anos. O seu pai morreu cando Michael tiña tan só seis anos.
Collins foi un rapaz brillante e precoz, cun fero temperamento e un convencido nacionalismo, incitado por un ferreiro local, James Santry, e despois, na Lisavaird National School, por un director de escola do lugar, Denis Lyons, membro da Irish Republican Brotherhood (IRB, organización que Collins dirixiría finalmente). Collins era espelido, áxil e gustábanlle os deportes, o que non lle distanciaba do seu desenvolvemento persoal e das súas ideas.
Tras deixar a escola, Michael (entón con 15 anos) seguiu os pasos de moita xente da Irlanda, e trasladouse para Londres. Alí viviu coa súa irmá máis vella Johanna ("Hannie") e co fillo dela, Daniel.
En febreiro de 1906 Collins examinouse polo Servizo Civil Británico, no cal (para pasalo) gabou o "máis grande imperio",Examining Irish leader's youthful past - da BBC e foi empregado polo Servizo Postal en xullo de 1906.
Uniuse á Gaelic Athletic Association e, a través dela, á IRB, unha sociedade secreta que tiña como fin a liberación de Irlanda. Sam Maguire, un republicano protestante de Dunmanway, no Condado de Cork, introduciu o rapaz Collins de 19 anos na IRB. Co tempo tería un papel principal nesta organización.
O levantamento de Pascua de 1916 Michael Collins deuse a coñecer durante o Levantamento de Pascua de 1916. Organizador hábil de considerable intelixencia, era altamente respectado no IRB, tanto que fora nomeado encargado de finanzas para o Conde Plunkett, pai dun dos organizadores do levantamento, Joseph Mary Plunkett, do que Collins se converteu en axudante de campo.
Cando tivo lugar o devandito levantamento o Luns de Pascua de 1916, loitou a carón de Pádraig Pearse e outros na Oficina Postal de Dublín. O levantamento converteuse (como pensaban moitos) nun desastre militar. Mentres moitos celebraban o feito de que por fin se producira un levantamento, crendo na teoría do "sacrificio de sangue" (segundo a cal as mortes dos líderes do levantamento inspiraría a outros), Collins púxose en contra ó ver a súa inexperiencia, especialmente arredor do asalto a edificios importantes que eran imposibles de defender, dos que era imposible fuxir e difíciles de subministrar (durante a Guerra de Independencia el asegurouse de evitar tales tácticas de "cercar os edificios emblemáticos", cos seus soldados operando como guerrillas contra os británicos, atacándoos repentinamente e retirándose xusto despois, minimizando as perdas e aumentando o dano causado). miniatura|200px|dereita|Proclamación da República Irlandesa, leída por Pádraig Pearse ás portas da Oficina Xeral de Correos de Dublín ó comezo do Levantamento de Pascua de 1916.
Collins, como moitos dos participantes no levantamento, foi arrestado, case mandado á forca e recluído no Campo de Internamento de Frongoch. Alí, como esperaban moitos, amosou o seu hábil liderado. Para a data da liberación xeral, Collins convertérase nunha das figuras liderantes do Sinn Féin, un pequeno partido nacionalista que o goberno británico e os medios de comunicación irlandeses responsabilizaron equivocamente do levantamento. Foi rapidamente requirido polos superviventes do levantamento, para capitalizar a notoriedade que o movemento gañara cos ataques británicos. En outubro de 1917, con habilidade, Collins converteuse en membro da executiva do Sinn Féin e director da organización dos Óglaigh na hÉireann; Éamon de Valera foi presidente de ámbalas dúas organizacións.
Primeiro Dáil Como tódolos membros maiores do Sinn Féin, Michael Collins foi nomeado para ocupar un escano nas eleccións xerais de 1918 para elixir os parlementarios irlandeses para a Casa Británica dos Comúns en Londres. E como a maioría deles, Collins foi elixido, converténdose en parlamentario por Cork Sur. Porén, ó contrario que os seus rivais do Partido Parlamentario Irlandés, os parlamentarios do Sinn Féin anunciaron que eles non tomarían posesión dos seus escanos en Westminster, pero que establecerían un Parlamento Irlandés en Dublín. Ese novo parlamento, chamado Dáil Éireann (en galego Asemblea de Irlanda, véxase Primeiro Dáil Éireann) reunidos en Mansion House (Dublín) en xaneiro de 1919. De Valera e os líderes do Sinn Féin foron arrestados. Collins fora avisado pola súa rede de contactos e alertara ás figuras importantes do Sinn Féin. De Valera optou por ignorar as advertencias, crendo que se os arrestos se levaban a cabo constituirían un golpe de propaganda, só para atoparse con que, cos líderes detidos, poucas persoas estaban dispostas a faceren o necesario nos medios de comunicación. En ausencia de Éamon de Valera, Cathal Brugha foi elixido Príomh Aire (literalmente primeiro ministro, pero traducido a miúdo como "Presidente do Dáil Éireann"), para ser substituído por de Valera, cando Collins o axudou a escapar da prisión de Lincoln en abril de 1919.
Collins tivo en 1919 varios cargos. No verán foi elixido presidente da IRB (e polo tanto, coas ideas desta organización, presidente da República Irlandesa). En setembro foi nomeado director de Intelixencia do Irish Republican Army,Moitos pensan que o Irish Republican Army de 1919 a 1921 tiña a aprobación xeral da sociedade irlandesa e do Dáil Éireann para actuar como o "Exército da República". A maioría dos irlandeses pensan que a lexitimidade que tiña o IRA pasou ó novo Exército Irlandés, establecido en 1922, e que as organizacións posteriores que tomaron o nome de "IRA" (como o IRA Oficial, o IRA Provisional, o IRA Real etc.) tiñan pouca lexitimidade e tan só tenues vínculos co exército nacente da república. Unha pequena minoría republicana amósase en desacordo e reclama que o Segundo Dáil (o Parlamento elixido en xuño de 1921 e substituído en 1922) nunca foi desmantelado constitucionalmente e polo tanto foi sempre o verdadeiro parlamento irlandés. Un pequeno número de republicanos do Segundo Dáil, reunidos nos anos trinta votaron pasar a autoridade supostamente legal do Segundo Dáil á dirección do IRA, facéndolle a ollos dalgúns republicanos o goberno real e ó IRA o verdadeiro exército da Irlanda. (En 2005 Gerry Adams, Presidente do Sinn Féin, rexeitou explicitamente, no Sinn Féin Ard Fheis, esta teoría e declarou que non habería goberno lexítimo na Irlanda namentres continuase a partición). no que se converteran os Voluntarios (o nome simboliza a vontade da organización de ser o exército da república irlandesa). A Guerra de Independencia Irlandesa comezou o mesmo día que o Primeiro Dáil se reuniu en xaneiro de 1919, cando dous policías foron tiroteados por Voluntarios do IRA que actuaron sen orde previa, en Soloheadbeg, Condado de Tipperary. (Véxase tamén Dan Breen)
Ministro de Finanzas En 1919, o xa atarefado Collins recibiu outra responsabilidade máis cando De Valera o nomeou Ministro (Aireacht) de Finanzas.
Era comprensible que nas circunstancias dunha guerra brutal, na que os ministros eran propensos a seren arrestados ou asasinados en calquera momento pola Policía Irlandesa, por calquera da súas dúas organizacións paramilitares (os Black and Tans e os Auxiliaries, ou ben polo Exército Británico, a maioría dos ministros existiran só no papel, ou ben como unha ou dúas persoas traballando nunha habitación dunha casa particular.
Mais, porén, ese non foi o caso de Collins, quen formou un Ministerio de Finanzas que foi quen de organizar unha grande emisión de bonos na forma dun "Empréstito Nacional" para fundar a nova República Irlandesa. Tal foi a reputación de Collins que incluso Lenin oíu verbo dese espectacular empréstito nacional, e enviou un representante a Dublin para pedir prestado cartos á República Irlandesa para axudar a fundar a República Rusa, ofrecendo algunha das Coroas Imperiais de Rusia coma garantía. (As xoias permaneceron nunha caixa forte de Dublín, esquecidas por tódalas partes, ata os anos 1930, cando foron atopadas por casualidade).
Visto dende os nosos días, a magnitude do traballo de Collins e os seus logros foron impresionantes. Dende crear un batallón especial de asasinos chamados "Os Doce Apóstolos" para matar axentes británicos ata a organización dun "Empréstito Nacional" de fama internacional; dende dirixir o IRA ata dirixir o goberno cando De Valera viaxou e permanaceu nos Estados Unidos por un longo período de tempo; e organizar unha operación de contrabando de armas; Collins case se converteu nunha revolucion dun só home.
Collins e Richard Mulcahy foron os dous principais organizadores do Exército Republicano Irlandés, e ata onde lles foi posible dirixiron as accións das espalladas e fortemente localizadas unidades guerrilleiras. A Collins se lle atribúe a miúdo a organización das "Columnas Volantes" da guerrilla do IRA durante a Guerra de Independencia, aínda que suxerir que Collins as organizou individualmente sería falso. Tivo unha parte prominente na formación das columnas volantes, pero o principal organizador tería sido Dick McKee, executado posteriormente polos Británicos en represalia polos feitos do Domingo Sanguento en 1920. Amais, unha gran parte da actividade do IRA foi levada a cabo por iniciativa dos líderes locais, seguindo as tácticas e a estratexia xeral establecidas por Collins ou Mulcahy.
Para 1920, cando tiña 30 anos de idade, os británicos ofreceron unha recompensa de 10.000 Libras Esterlinas (unha suma enorme daquela) por calquera información que levara á captura ou á morte de Michael Collins. A súa fama transcendeu alén o movemento do IRA alcumándoo "The Big Fella" (O Gran Tipo).
Entre os propios líderes nacionais, fixo inimizade con dúas persoas en particular: Cathal Brugha, o serio máis mediocre Ministro de Defensa que foi eclipsado polo seu colega de gabinete en temas militares (malia que Collins era oficialmente tan só Ministro de Finanzas e Brugha supostamente estaba en control da Defensa), e Éamon de Valera, o Presidente do Dáil Éireann (Parlamento Irlandés).