Johan Ferrández d'Heredia, nado en Munébrega cara a 1310 e finado en Avignon en 1396, foi un escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Traxectoria Membro da nobreza, seu pai fora lugartenente do mordomo da infanta Leonor. Casou dúas veces e tras a morte da súa segunda esposa entrou na orde do Hospital, en 1345 accedeu a castelanía de Amposta, a máis alta dignidade da orde na Coroa de Aragón. En 1356 aséntase en Aviñón, chegando a ser gobernador da cidade gañándose o favor dos diferentes papas. En 1376 acompañou ao papa Gregorio XI a Roma preludiando a fin da etapa papal de Aviñón. O 24 de setembro de 1377 foi investido Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén. En 1377 preparou unha expedición militar contra Morea pero foi capturado no golfo de Arta e vendido aos turcos que o liberan tras o pago dun importante rescate.

Johan Ferrández d'Heredia foi un home culto, amigo de reis e papas, cunha grande inquietude cultural e como fixera Afonso X de Castela organizou unha escola de tradutores en Aviñón para traducir a unha lingua vulgar obras clásicas así como realizar un labor historiográfico, a lingua que se utilizou foi a propia de Johan, o aragonés, por veces nunha forma moi pura pero outras moi castelanizado, quizais polo traballo dos copistas non aragoneses.

Obras saídas do obradoiro de Heredia Grant Crónica de Espanya, obra historiográfica, compilación de diversos materiais tanto medievais como clásicos, dividida en tres partes, non se conserva a segunda, emprega aínda materiais míticos como era o costume na Idade Media pero desbota as lendas e cantares de xesta. Crónica de los Conquiridores, abrangue a historia universal a través dos grandes conquistadores, de Hércules a Xaime I de Aragón Libro de los fechos et conquistas de Morea, abrangue de 1197 ata 1377, baseada principalmente nunha crónica anónima da conquista francesa de Morea. Libro de los Emperadores, conxunto de referencias sobre os emperadores gregos. Flor de las Ystorias d'Orient, consta de dúas partes na primeira trata da historia e costumes de Oriente e na segunda da Terra Santa Libro de Marco Polo, tradución do libro de viaxes de Marco Polo Rams de Flores, conxunto de sentenzas morais para príncipes e gobernantes Secreto de los Secretos, consello para o goberno de reis, versión de Secreta Secretorum, obra pseudoaristotélica Vidas paralelas, versión da obra de Plutarco. Eutropio Historia de Orosio, tradución da Historiarum adversos paganos de Orosio, non se conserva Cartulario Magno, recolle en 6 volumes material sobre a orde de San Xoán de Xerusalén. Historia da guerra do Peloponeso, tradución da obra de Tucídides

Categoría:Historiadores Categoría:Escritores en lingua aragonesa Categoría:Nados en 1310 Categoría:Nados na provincia de Zaragoza