Alonso I de Fonseca, nado en Toro (provincia de Zamora) en 1418 e finado en Coca (provincia de Segovia) en 1473, foi bispo de Ávila entre 1445 e 1453 e arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1460 e 1463, e tamén de Sevilla, desde o ano 1454 ata o 1473. É considerado o iniciador dun novo período na sede compostelá e o definidor do morgado familiar dos Fonseca, familia moi influente na Galicia dese momento e en España.
A pesar de que na súa vida ocupou tres sés, non se posúe moita documentación sobre os seus mandatos, polo que escasean os datos sobre a súa vida, moitos deles obtidos do seu testamento.
Traxectoria Orixes miniatura|Tumba de Xoán II de Castela na Cartuxa de Miraflores. Fillo de Xoán so de Ulloa, de orixe portuguesa, conselleiro do rei Xoán II e de Beatriz Rodríguez de Fonseca, que tiveron como fillos a Pedro Ruíz de Ulloa e Fonseca, Hernando de Fonseca e Catalina de Fonseca, esposa de Diego de Acevedo (os condes de Ayala) e nai de Alonso II de Fonseca.
Durante os últimos 15 anos do reinado do Rei Xoán permaneceu na Corte, e seguiu mantendo a graza do sucesor de Xoán Henrique IV do que foi Capelán Maior, chegando incluso a bendicir o seu matrimonio con Xoana de Portugal no ano 1455. Pero poucos anos despois é rexeitado.
En setembro de 1460 enferma gravemente en Valladolid, feito que o leva o 3 de setembro a redactar o seu testamento.
Arcebispado de Santiago de Compostela Nos anos 1460 a 1463 ocupou a sede de Compostela no lugar do seu sobriño Alonso II de Fonseca, que permaneceu como administrador da sede en Sevilla, coa finalidade de poñer paz nos convulsos dominios do arcebispado compostelán. Pero no mesmo ano de 1463 os seus inimigos na Corte, dirixidos por Juan Fernández Galindo, comendador da raíña, e Afonso de Velasco, conseguen expulsalo de ambas as mitras (Santiago e Sevilla), polo que o rei ordena a súa volta a Sevilla. Pouco máis tarde novas disposicións reais quitábanlle ao arcebispo a posesión do seu señorío, perdendo moitas das súas rendas e os seus partidarios foron apresados. miniatura|Castelo de Coca onde Alonso I estableceu o seu morgado.
A volta a Sevilla A partir deste momento o arcebispo opta por actuar dun xeito máis discreto nas súas relacións coa Corte e comeza a afianzar o morgado familiar na vila de Coca (a vila de Toro era a casa primitiva da estirpe). No ano 1467 a raíña Xoana, esposa de Henrique IV, foi retida nesta vila por Alonso de Fonseca, seguindo instrucións precisas do rei.
Na vila de Coca morreu no ano 1473 non sen antes vincular o futuro da súa familia ao apoio á sucesión da futura Isabel a Católica
Véxase tamén Bibliografía
. El Arzobispo de Sevilla Alonso de Fonseca el Viejo: Notas sobre su vida. Boletín da Real Academia da Historia, ISSN 0034-0626, Tomo 196, Caderno 1, 1999, páx. 43 a 92. et al. Artigo "FONSECA, Alonso I de" da Gran Enciclopedia Galega. e . Os Fonseca na Galicia do Renacemento. Da guerra ó mecenado.(2000). Serie Trivium. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-92-4
Outros artigos Alonso II de Fonseca Alonso III de Fonseca
Ligazóns externas Crítica do Libro Os Fonseca na Galicia do Renacemento. Da Guerra ao Mecenado
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Arcebispos católicos de España